Oh, the irony

Hoxe volvo por aquí para constatar que os algoritmos e robots que controlan as redes sociais non son moi dados a pillar a retranca e a ironía. Hoxe Twitter limitoume a conta durante 12 horas por ter publicado un tweet parodiando as teorías conspiranoicas… y lo que sucedió después no te sorprenderá.

A brincadeira en cuestión.

Pois iso, amigues: non fagades brincadeiras ou escribades barbaridades de xeito irónico, que igual tedes que asumir as consecuencias de que fosen certas. Xa non son o primeiro ao que lle pasa, e o meu non foi o caso máis grave.

Paréceme moi ben que se controle a difusión de información falsa nun tema tan sensible para a saúde pública. O que tampouco me explico é como seguen existindo contas con miles de seguidores que espallan lixo e mentiras constantemente sen que lles pase nada. E aí seguen. Esperemos que isto sexa o comezo do fin para esas actitudes que non, non están protexidas pola liberdade de expresión.

Beizóns.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.