Estraño pésame

Hoxe recibín nunha das miñas contas de correo unha estraña mensaxe, que reproduzo aquí abaixo:

buenas noches siento muchisimo lo ocurrido se que la tristeza es enorme pero piensa que hay alguien que te quiere y siempre estare a tu disposicion mi mas sincero pesame miles de besos tu compañera vanesa

A remitente é unha tal Vanesa Fernández, a quen non teño o gusto de coñecer. Non parece ser un virus. ¿Será unha nova técnica para recoller enderezos de correo electrónico e enviar spam á xente que lle resposte? Ou será unha equivocación? Se é así, ¿é a amiga dunha amiga ou dun amigo ao que lle pasou algún accidente terrible ou a algunha persoa achegada súa?
Misterio sen resolver.

Comentarios

Unha resposta a “Estraño pésame”

  1. Bo argumento para unha novela… ou cando menos un relato curto.

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.