Antecedentes:
- A iniciativa galega polo software libre mancomun.org lanzou este mércores -en realidade, o martes- a versión traducida do OpenOffice.org 2.0
- Esta versión traducida pódese descargar en versións para Windows e GNU/Linux (en .rpm ou .deb)
- A empresa encargada desta localización foi Imaxin.
- Na web oficial de OpenOffice.org en galego aparece como responsable de manter a tradución Rubén da Silva.
- Nesa mesma web figura como última versión traducida ao galego a 1.1.5, feita polo proxecto Ceibe.
- Non atopo por ningures o código fonte do 2.0.2 en galego.
- Nin no ftp de OpenOffice.org nin nos seus mirrors se pode descargar esa versión en galego.
- Non hai paquetes personalizados desa versión en galego para ningunha distribución de GNU/Linux.
Dúbidas:
- O OpenOffice.org de mancomun.org é o auténtico e cumpre coa licenza LGPL?
- Hai dous proxectos de tradución do OpenOffice.org ao galego paralelos?
- Algún día sairá unha actualización do RPM en galego para Fedora Core 5 que conteña algo máis ca o dicionario de mínimos?
Pode ser que esta lista se vexa aumentada.
Engádega:
Polo seu interese, reproduzo o comentario deixado por mancomun.org, aínda que me permitín a liberdade de borrar dous index.php/ do enderezo:
Ola:
Na propia páxina Web de descarga especifícase que, efectivamente cumpre coa licenza LGPL: http://www.mancomun.org/index.php/content/view/171/107/#licenza
Non hai dous proxectos de localización paralelos. Tamén na páxina Web http://www.mancomun.org/index.php/content/view/171/107/#agradecementos agradécese explícitamente o traballo realizado ata agora polos traductores anteriores e polo coordinador oficial, con quen, por certo, xa se está en contacto para que colgue a localización na páxina Web oficial do OOo.
Saúdos.
Deixa unha respostaCancelar a resposta