Unha proba que fixen co Kdenlive, que vale para montar vídeos sen pretensións profesionais. Vamos, que non hai que instalar Avids nin cousas desas.
[flash http://vimeo.com/4042009]
Unha proba que fixen co Kdenlive, que vale para montar vídeos sen pretensións profesionais. Vamos, que non hai que instalar Avids nin cousas desas.
[flash http://vimeo.com/4042009]
Non, que ninguén se asuste. Non vou continuar coa fallida intención de seguir relatando día a día aquela viaxe (que, se me puxera nese plan, non acabaría nunca, e aburriría até as ovellas). O caso é que esta foto do vello Fulton Fish Market, ao que seica case ninguén lle tira instantáneas, foi seleccionada para a súa inclusión dentro da guía Schmap de Nova York, dentro da categoría de Food & Wine. e que se ve así nun iPhone. Sempre é recomendábel -a non ser que se sexa fotógrafo profesional e se queira vivir diso, por suposto- licenciar as imaxes baixo Creative Commons, e máis aínda se é CC-BY.
As últimas novidades endogámicas deste blog son que agora o Tumblr estrea dominio de seu: modesto.tk, porque merece iso e moito máis, como unha imaxe corporativa, que chegará máis adiante. Sigo mirando series, cada vez menos, porque unhas van rematando e as que van chegando non pagan a pena. Pero non me canso de recomendar Flight of the Conchords, por momentos como este (e non usedes gomina, que acabaredes de postmodernos dos anos 80):
[flash http://www.youtube.com/watch?v=_z5jU5nrlAo&fmt=18&fs=1&rel=0&color1=0x5d1719&color2=0xcd311b&showinfo=0 w=480 h=295]
Definitely, Galicia is shit. Un pouerpón que circulou por aí, agora con música de Ataque Escampe. Non recomendada para Herederos del Mar, que non da Crus.
[flash http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=excesosdopp-pps-090308070406-phpapp01&rel=0&stripped_title=excesos-do-pp-1116526]