Acabo de descubrir que a roda do rato se pode pulsar e que equivale ao botón central.
Como diría Madonna, like a virgin (en informática).
Acabo de descubrir que a roda do rato se pode pulsar e que equivale ao botón central.
Como diría Madonna, like a virgin (en informática).
Polo menos o da península do Barbanza. Hoxe, A Voz publica unha interesante información sobre a reacción das tres televisións locais da bisbarra despois da concesión das licenzas dixitais. O panorama que se lles presenta por diante non é demasiado prometedor, nin sequera para a que si acadou permiso para emitir en dúas demarcacións.
Tentarei ser o máis obxectivo posible, e se alguén desexa facer algún comentario, ten este blog aberto. Non quero recibir SMS, grazas.
Un directivo da sociedade noiesa precisou que non se tivo en conta se as televisións facían programación propia ou non e a cantos profesionais tiñan contratados.
Polo que teño entendido, a tal sociedade noiesa non ten actualmente nin programación propia nin persoal -contratado nin sin contratar-, aínda que supoño que o seu peche técnico e a súa conexión as 24 horas con Local Media TV se debe ás difíciles perspectivas que se lle abriron cando quedou fóra do concurso por un erro de forma. Oxalá isto deixe de ser así pronto.
Outro dos afectados precisou que en Madrid produciuse unha situación similar e que unha sentenza do Tribunal Supremo obrigara a outorgar a autorización a duascentas cadeas, cando inicialmente só se deron permisos a oitenta.
Despois de googlear un bo anaco, non me consta que o Tribunal Supremo -en todo caso, sería o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que tampouco- ditase ningunha sentenza para autorizar duascentas cadeas. As licenzas son as que son e o espectro é o que é. Outra cousa é que as cadeas que non obtiveron permiso presentasen recursos -contenciosos-administrativos ou de alzada- contra a decisión do goberno de Esperanza Aguirre, pero aínda non se resolveron e, mentres, o feito, feito está.
…máis de tres mil profesionais poden quedarse sen emprego se pechan as empresas de comunicación local que operan na comunidade autónoma.
Preferiría non ter que comentar isto, pero tres mil paréceme unha cifra esaxerada, e tamén espero que os Profesionais se poidan recolocar nas empresas de nova creación.
A terceira en discordia -ou concordia, segundo se mire-, que si obtivo licenza, tampouco as ten todas consigo, pois non obtivo permiso para emitir noutra demarcación na que ten cobertura analóxica -pero si en dúas delas, o que non está nada mal-, e terá que cambiar varias das súas frecuencias en analóxico, que coinciden coas reservadas para TDT local. Aínda así, parabéns e moita sorte, pois a competencia con medios de ámbito autonómico e mesmo estatal vai ser moi dura.
Estaremos atentos ás nosas pantallas, aínda que as emisións poderían tardar en comezar ata un ano e medio.
Engádega: Todo se solucionaría revogándolle a licenza autonómica a Popular TV, concedéndolla aos xornais e Filmax e, asemade, dándolles as locais que lles outorgaran a eses mesmos xornais para compensalos pola non concesión autonómica ás televisións locais que xa estaban a emitir en analóxico. É tan doado…
(en gris, os concellos máis afortunados de Galicia)
(a cores, cada unha das demarcacións e a frecuencia na que emitirán os concesionarios privados máis unha canle pública)
Despois dun ano de espera, o Consello da Xunta aprobou hoxe as licenzas de televisión local dixital terrestre. As empresas agraciadas foron:
Fonte: Xunta de Galicia.
Engádega: Agora vexo que a Xunta tamén fixo un mapa, despois do que me custou a min facer un!
Pois si. Por fin, mañá estréase na galega a serie Invasión, que xa se comentou aquí o pasado mes de setembro, cando se estreou nos EUA. Unha serie de ciencia-ficción moi interesante, que se emitía os mércores á noite na ABC, xusto despois de Perdidos, e que por desgraza non pasou da primeira temporada por falta de audiencia. Eu seguíaa cada semana -cando se emitía, que os americanos son moi raros facendo descansos e colocando reposicións-, ás veces en versión orixinal sen subtítulos e ás veces lexendada en portugués do Brasil -moitos seguidores brasileiros tiña a serie-, ás veces en inglés e, menos, en castelán. Agora poderémola escoitar en galego, os xoves á noite, e parece ser que con dous episodios seguidos de cada vez, polo que durará once semanas (son 22 capítulos). Algo raro pasa cos habitantes de Homestead (Florida) despois do furacán…
Por certo, que se podía ler o blog de Dave -un dos personaxes, o friki da familia-, que podería supoñer un enorme spoiler, pero agora non se permite a entrada sen contrasinal.
O primeiro episodio remata así -e non estrago nada poñendo esta imaxe:
Engádega: A sinopse que ofrece hoxe La Voz non ten desperdicio -espero que non a fixese ningún/ha redactor/a de prácticas-: non lle atopei nada de escatolóxico, non vin ningunha nave extraterrestre nos 22 episodios dos que consta, nin ningún dos seus tripulantes, nin hai ningunha abdución, nin a serie «acadou un forte éxito no seu país». En fin, como diría Cayetana Guillén Cuervo, «disfrútenla».
Vénse de cumprir un ano dende o lanzamento de Qt4. Para celebralo, xa daquela, os seus programadores fixeron este incualificable vídeo musical, de melodía pegañenta e que se podía descargar dende a súa web. Dende hai un par de semanas está en Google Video.