Xa están aquí

Demarcacións de televisións locais en Galicia

(en gris, os concellos máis afortunados de Galicia)

(a cores, cada unha das demarcacións e a frecuencia na que emitirán os concesionarios privados máis unha canle pública)

Despois dun ano de espera, o Consello da Xunta aprobou hoxe as licenzas de televisión local dixital terrestre. As empresas agraciadas foron:

  • Carballo: La Opinión de La Coruña, S.L., Editorial La Capital, S.L. e Salitre
    Multimedia.
  • Coruña: La Opinión de La Coruña S.L., Editorial La Capital S.L. e Utega S.A.
  • Ferrol: La Opinión de La Coruña S.L., Editorial La Capital S.L. e Radio Coruña S.L.
  • Ribeira: Editorial Compostela S.A., Multimedia Comunicaciones e TV
    Mancomunidade do Salnés.
  • Santiago: Faro de Vigo, S.A.U., Compostelavisión S.L. e Editorial Compostela S.A.
  • Vimianzo: Editorial Compostela S.A.
  • As Pontes: declarada deserta.
  • Chantada: Chantada Comunicación S.L.
  • Lugo: Telelugo El Progreso de Lugo S.L., Utega S.A. e Alternativas de Medios
    Audiovisuales.
  • Monforte: Telelugo El Progreso de Lugo S.L., Telemiño S.A. e TV7 Monforte S.A.
  • Vilalba: Telelugo El Progreso de Lugo S.L. e TV7 Monforte S.A.
  • Viveiro: Telelugo El Progreso de Lugo S.L.
  • O Barco de Valdeorras:Telemiño S.A.
  • Carballiño: Telemiño S.A.
  • Ourense: Telemiño S.A., Faro de Vigo S.A. e Utega S.A.
  • Verín: Telemiño S.A.
  • Lalín: Editorial Compostela S.A., Multimedia Comunicaciones e Deza Visión S.A.
  • Ponteareas: Rías Baixas de Produción e Josefa López Pousa.
  • Pontevedra: Faro de Vigo S.A.U., Lérez Canal 29, S.L. e Televisión Pontevedra.
  • Vigo: Faro de Vigo S.A.U., Utega S.A. e Rías Baixas de Produción.
  • Vilagarcía de Arousa: Lérez Canal 29 S.L., TV Salnés e Editorial La Capital S.L.

Fonte: Xunta de Galicia.

Engádega: Agora vexo que a Xunta tamén fixo un mapa, despois do que me custou a min facer un!

6 comentarios

  1. O que pasa é que, aínda que non existe obriga de cubrir os concellos en gris, pode que vos cheguen «de rebote». O que supón que non é legal é instalar repetidores adrede para chegar ata zonas adicionais.

  2. Incribel, A Pastoriza en verde. Mi ma, existimos, non somos Avalon! Menos mal que non teño o ferragancho ese para ver a TDT.

    Off Topic: haber se algún día tamén está en verde a cobertura ADSL

  3. Alguén podería explicar porqué un governo ten que decidir cántas canles caben en Galiza e quen pode emitir en tdt? Non é algo así como poñerse a dicer quén pode ou non facer unha páxina web? Non era iste sistema o que permitía unha cantidade inmensa de emisores pululando por ahí e nós os que elixiríamos o que queríamos ver?

  4. O espectro radioeléctrico é limitado, por iso a radio e a televisión, tanto analóxica como dixital -aínda que en dixital se multiplique o espazo- precisan dunha concesión administrativa, dado que o espectro é público e regulado polas administracións, que deben evitar que cunda o caos -aínda que na práctica isto si está a acontecer-. Outra cousa é internet (IPv4 non é ilimitado, pero case, e aínda o é menos o IPv6) ou publicar un xornal ou unha revista, que están totalmente abertos á iniciativa privada.
    Ademais, actualmente a televisión dixital convive coa analóxica, polo que as súas posiblidades se reducen. Quizais nun futuro, despois do apagón analóxico, poida haber mesmo máis oferta de canles que demanda por parte de empresas privadas.
    Outra cousa é se se quere emitir radio ou televisión por internet, que é algo complemante libre para quen queira facelo.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.