Por primeira vez dobrada ao castelán.
Dentro de 8 días isto será unha realidade, e dentro de 9 deixará de selo. Por que? Antena 3 vai emitir a primeira temporada da interesantísima serie The 4400 de dúas tacadas o luns 12 e o martes 13 pola noite. Son un episodio piloto máis outros cinco. Alguén será quen de velos de tres en tres?
En principio, a serie -que non miniserie- estaba pensada para poder rematar aí ou deixar a porta aberta de cara á súa continuación, que xa se emitiu. Tamen o fará Antena 3? Parece ser que mesmo haberá unha terceira, o vindeiro verán nos EUA na cadea USA
Categoría: Certa ficción
-
4400
-
Star Wreck: In the Pirkinning
Acabo de ver o incrible Star Wrek: In the Pirkinning, un filme de ciencia-ficción finlandés que tardou sete anos en facerse e que ten licenza Creative Commons,. É unha parodia de Star Trek e Babylon 5, todo mesturado, con impresionantes efectos especiais á altura de calquera superprodución.
Pódese descargar en finés con subtítulos en inglés (aínda non hai versión galega). Para cando algo así na nosa terra?
Outro día falarei de Star Trek New Voyages, unha serie feita por afeccionados e, neste caso, sen intencións paródicas. -
Invasión
Acabo de ver o primeiro episodio de Invasion (ver máis abaixo, para máis información). Conclusión: semella estar máis ca inspirado n’A invasión dos ladróns de corpos, condimentado co tema dos furacáns, que están tan de moda. Parece interesante. Velaí unha captura do derradeiro plano do episodio:
-
Versión orixinal
Estoulle collendo afección a isto de ver series televisivas en versión orixinal e sen subtítulos. O «vicio» comezou con Doctor Who, está a continuar rescatando episodios dunha serie da miña infancia, Logan’s Run, e proseguirá, inevitablemente, con Lost. Esta semana estreouse nos EUA a segunda temporada e, como non podía agardar a vela o ano que vén dobrada ao castelán, púxenme ADSL á obra, e xa está:
Que quede claro que non pretendo facer ningún spoiler, así que non vou contar nada. Como isto crea síndrome de abstinencia, xa estou baixando a serie que se emite a continuación de Lost na ABC, Invasion, que promete bastante. E non descarto comezar a colección da segunda xeira de Desperate Housewives, que se estrea mañá.
Vendinme ao imperialismo ianqui?