Categoría: Endogamia

  • Juventude em marcha Galiza Net 2008

    Ao final, si que estarei no encontro, casualmente o primeiro ano que non podería en teoría por idade, e tampouco vou estar en plan lúdico, senón traballando. Sinto moito que algunha xente, como Ghanito, non poida estar este ano, pero de seguro que atoparei con algún que outro lector ou lectora deste modesto blog. Vémonos!

    Ah, si, puxen no título un dos filmes favoritos de Pawley para facer o inevitábel xogo de palabras 😉

  • Recuperacións

    Non sei por que serendipias da vida, hoxe descubrín que nunha conta de Gmail conservo os comentarios de cando este blog estaba en Blogger, e, tamén casualmente, todos aqueles comentarios teñen data de tal día coma hoxe de hai tres anos. Así que, haberá que recuperalos… Aos poucos, que son moitísimos.

  • Como un fan

    A crónica que nunca lerás en Sono-Tone:

    Para ser fan dos Megaloves hai que ser un pouco coma eles, aínda que non necesariamente rematar tan bébedos coma Sue Ellen nos seus mellores tempos. En todo caso, o concerto deste domingo, no Rock-a-Hula bar de Humidtown foi o do “retonno” do grupo que dera non hai moito a súa “derradeira” actuación. E volveron para quedar -espero. Autodefinidos como “combo de Murder Blues Asilvestrado e Anarcountry Paleto”, demóstrano día a día porque non teñen MySpace.

    Os Megaloves teñen demasiado nivel para estaren en Eurovisión. Megaloves ao Festival da OTI!

  • Entroidada podcasteira

    Hoxe, martes de Entroido vaise desenvolver a (primeira?) xuntanza podcasteira en Compostela. Haberá que ir disfrazado? De calquera xeito, isto váleme para lembrar que teño a intención de comezar axiña o PodPailán Nº 0, pero, claro, a intención non abonda. Beizóns.

  • PEYISCOS DEL PUERCO

    Vídeo

    Esta canción, Im Nin’Alu, de Ofra Haza, serve para lembrar, non o triste remate da súa vida, senón a festa que congregou unha boa porción do blogomillo onte na Coruña. A canción en cuestión non soou na festa, senón despois, nun local da Beiramar onde fan redadas policiais antidroga.

    Continuará…