Definitivamente, as enquisas de Twitter son a solución a todo.
Categoría: Endogamia
-
Xa non son blogomillo
Ooooooh. Con grande pesar vexo que este blog non está incluído na listaxe feita por XPI da nova cartografía do blogomillo.
Polo menos na blogomorgue si que seguimos!
Actualización: onde dixen digo, digo Diego (Ameixeiras).
-
De quen é a culpa de todo?
Grazas a esa nova e altamente interesante función que nos ofrece Twitter, as enquisas, xa temos unha resposta. Aínda que a cousa estea bastante igualada.
-
Proxectos, proxectos, proxectos
Como a cabeza non para, aproveitei que Gandi estaba de aniversario e que sorteaba dominios de balde para facerme cuns cantos e, de paso, darlle saída a varios pseudoproxectos que un ten na cabeza pero que non acaban de saír. O hosting ilimitado de Dreamhost tamén axudou.
Un exemplo disto é GZtoday, un xornal satírico de novas que poderían ser certas, e que xa tiña Twitter desde hai bastante tempo, mais desaproveitado. Pois nada, que xa ten web, e a ver se vai medrando, aos poucos.