Categoría: Endogamia

  • Estou branco

    Non sei por que, pero hai pequenas cousas que me producen satisfacción e, ao mesmo tempo, mágoa pola xente. Por exemplo, asumir como obrigas cousas que non o son. E que che insistan día tras día que por que non te pos moreno. Pois por iso, porque non me gusta, non me peta, e ninguén me vai obrigar a facelo.

    Soa Louise Hoffsten, que cantou no Melodifestivalen 2013 Only the Dead Fish Follow the Stream.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=Mn1EW4wr_s4]

  • Despejos

    Este é o meu avatar no Twitter estes días.

    STOP DESPEJOS

  • Un artigo cada día

    Sería recomendábel escribir cada día un artigo no blog, por iso do posicionamento SEO. Bueno, mellor non. Tamén podería ser un deses propósitos do ano novo, aínda que a mediados de febreiro sexa un pouco tarde. E o ser un propósito de ano novo tamén garantiría o seu fracaso necesario. Entón, pois a ver que se pode facer. Sacarse da cabeza esta canción por exemplo. A cabeza como un bombo.

    [youtube https://www.youtube.com/watch?v=b51p9lg0Hpc]

  • 29M

    Como persoa desempregada, apoio a folga xeral de hoxe por diversas razóns, todas elas relacionadas co meu rexeitamento á reforma laboral. A miña xustificación vai ser, neste caso, completamente egoísta:

    • A nova normativa vai dificultar o meu acceso ao mercado laboral, pois facilita a contratación de varios colectivos, fronte a unha persoa de 35 anos coma min.
    • Precariza o emprego. Cando consiga un traballo, teño a certeza de que vou estar máis desprotexido fronte a posibles despedimentos indiscriminados.
    • Facilita a baixada dos soldos, que xa eran dos máis baixos da Europa occidental. Teño tamén a certeza case total de que no próximo emprego que consiga vou cobrar menos do que estou a cobrar de prestación por desemprego.

    Por todo isto, eu hoxe protesto non mercando nada. Tampouco me importaría que me descontasen un día de paro, se é que iso fose legalmente posible.

    Ah, pois, ao final, este blog si que se actualizou hoxe.