Categorías
Cultura IN

Aquí non hai tomate

…pero si debate. Esta noite, a normalización lingüística. Ao programa Hai debate!, da TVG, estiveron convidados, en representación do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, que, por certo, ten nova web; polo PP, Manuel Ruíz Rivas, e polo BNG, Pablo González Mariñas. Do outro lado, os xornalistas Nacho Mirás, de La Voz de Galicia; Raúl Vilas, de Libertad Digital, e a tamén escritora Rosa Aneiros, compi miña da facul.
Pódelo mirar aquí. Servizo público 100%.

Categorías
Cultura IN

Punto gal ou…?

.gz
Eis a cuestión.

Categorías
Cultura IN Navegando

Momento Infogest

Non puiden evitar poñer unha ligazón a este vídeo do programa Caiga quien caiga de Telecinco no que se demostra que falando galego chégase a todo o mundo, e máis a Portugal.

E como é un tema que sempre esperta polémica, pois ata aquí o traio.
Atopeino en Madeira de Uz, para que conste.

Categorías
Cultura IN

O galego non é unha lingua

Descubrino hoxe navegando polo YouTube.

Categorías
Cultura IN

Outra vez será

A UNESCO non aceptou nomear obra mestra do patrimonio inmaterial da humanidade o patrimonio inmaterial galego-portugués. No entanto, si o serán, entroutros, o Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano e o Patum da localidade catalá de Berga. Pero seguirá sendo unha Obra Mestra!
A Xunta reaccionou así.
Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués