5 comentarios

  1. ingeniosso o titular que pos. E se analizas verás que o que defende o goberno español en europa e tutelar o idioma… todo obligatoriamente traducido ao castelán. Quepensas deso?
    por outra parte non crees que falamos a mesma lingua que em Portugal? eu creo que os intereses para afastala lingua son moitos pero seguimonos entendendo.

  2. Non estou de acordo nin coa desgaleguización do galego nin tampouco coa colonización portuguesa, pois nesta nova da RTP dáse a entender que o galego non é máis ca un xeito de falar o portugués, cando máis ben é o contrario. De calquera xeito, penso que tería que haber un maior estudo do portugués aquí, pois Portugal e a súa lingua son inxustamente descoñecidos e desprezados.

  3. Estou un pouco sorprendida. Primeiro, porque entendín todiño. Segundo, pola frase “… que se parece mucho al portugues” . E terceiro, porque non hai subtitulos, jaja.
    Tamen falan do que sempre critiquei eu, que o galego da casa non ten que ver co galego da escola (sempre lembrarei cando me suliñaban “mai” coma falla ortografica nos exames). Penso que o galego que se lles ensina hoxe ós rapaces (e eu ando contaxiada, non teño problema na fala pero si na escritura, porque dende pequena aprendin o normativo) axuda a que vaiamos perdendo o noso galego de sempre, o que se falou na aldea toda a vida sexa na area que sexa (esa é outra das cousas boas da nosa lingua, a variedade dialectal nunha área tan relativamente pequena).
    É unha reportaxe moi moi interesante a verdade, e semella que os portugueses andan un pouco pavos co tema (supoño que será agradable saber que outro pobo se quere asemellar a ti, e interpretano como queren). A min non me gusta nadiña o galego-portugues, vaise ó outro extremo. Sen embargo teño que dicir que os que o defenden levan moita máis razon que os que defenden o normativo.
    O galego e o portugués son linguas diferentes, pero dito pola miña boca ten outro matiz que dito polo fulano ó que citei ahí arriba.
    E xa que estou en plan discurso, é unha mágoa que co semellantes que son as nosas linguas, nin sequera se dea a oportunidade de estudiar o portugués na escola. Ten que ser doadísimo.
    Vamos, que con toda esta parrafada veño a estar de acordo (ou é dacordo?) co que escribiu Modesto, penso eu.
    E devezo por que os meus fillos poidan estudiar no galego da casa, no que as gracias nunca foron grazas, e as carnicerias nunca foron carnicarias.

  4. Desgaleguizar o galego dis???? se isso levam facendo 500 anos. Cada generazom vai perdendo léxico … no galego coloquial… normativizar isso e a acta de defunzom do idioma… e aos feitos me remito.
    Se por algún motivo (nacionalismo, chauvinsmo, curtedade de miras …) che molesta chamarlhe portugués ao idioma que falas chámalhe galego ao idioma que falan em Portugal. Tanto ten.
    Un saúdo

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.