Como seguen a chegar millóns e millóns de visitas procurando «Teoría de la información: el proceso informativo en radio y televisión», vou seguir co xogo pero agora ofrecendo unha imaxe de cal foi o -meu- exame do 20 maio de 2000, a anterior convocatoria. Por desgraza, non acertei demasiadas respostas.
Categoría: Navegando
-
Aviso aos navegantes
Nos últimos días, moita xente cae neste modesto blog buscando «Teoría de la información: el proceso informativo en radio y televisión». Pois sabede, amiguiños, que iso se aprende nas facultades de Ciencias da Comunicación e non na rede en quince días, por moito que o requerimento sexa de licenciado en calquera cousa. De nada.
Vaia! Só me falta dicir algo así como non ao intrusismo ou cousas semellantes. 😀
-
Gazpacho
Nunca gustei desa especie de sucedáneo light españolista do noso caldo, por moito que sexa tan gallego como el gallego.
-
Novo sabor?
Aínda non o probara, a verdade.
-
Ciao, Italia!
Cando un se pon a revisar os referrers -marabilloso xeito de encher o blogue cando non hai material-, ás veces atópase con cousas curiosas. A imaxe de Terry Ó Quinn que puxera aquí hai case un ano, non sei como, foi localizada por un fan italiano de Lost e publicouna neste foro. Ma non credo che sia un grande spoiler.