Carmela, a nosa querida amiga de Loqueando e única galegofalante, seica colleu a gripe do porco, ou gripe nova, ou gripe A ou como se chame. Velaquí o seu testemuño.
[audio:Carmela.mp3]
Hai xente que di que a súa voz se parece á da presidenta da Academia Galega do Audiovisual, pero non está demostrado.
Categoría: Produción propia
-
Carmela colle a gripe do porco
-
Non á dobraxe
Despois de ver como dobraron e traduciron Gossip Girl ao castelán, non podía dicir outra cousa. Moitísimo mellor a versión orixinal subtitulada, como nos demostran os nosos veciños portugueses. Pero para vídeos bos e subtitulados, este:
[flash http://www.grapheine.com/bombaytv/bt.swf?code=e02be2dcb9667d1af4888712b8ad3f1a w=400 h=370] -
Teleconcurso!
Unha proba que fixen co Kdenlive, que vale para montar vídeos sen pretensións profesionais. Vamos, que non hai que instalar Avids nin cousas desas.
[flash http://vimeo.com/4042009]
-
Día 14, 16 de agosto
Non, que ninguén se asuste. Non vou continuar coa fallida intención de seguir relatando día a día aquela viaxe (que, se me puxera nese plan, non acabaría nunca, e aburriría até as ovellas). O caso é que esta foto do vello Fulton Fish Market, ao que seica case ninguén lle tira instantáneas, foi seleccionada para a súa inclusión dentro da guía Schmap de Nova York, dentro da categoría de Food & Wine. e que se ve así nun iPhone. Sempre é recomendábel -a non ser que se sexa fotógrafo profesional e se queira vivir diso, por suposto- licenciar as imaxes baixo Creative Commons, e máis aínda se é CC-BY.
-
Prefires follar ou falar de follar?
Un dos argumentos para o próximo PodPailán, que chegará, algún día.
[audio:http://pod.pailan.org/podcasts/falardefollar.mp3]