Estas bonitas cancións de italo disco están inspiradas nunha divertida anécdota acontecida hoxe en X, antes Twitter, entre o benquerido e belísima persoa Rogelio Santos e a secretaria xeral dun partido político maioritariamente votado poles galegues.
Categoría: Mass media etc
-

Bonitos minutos musicais
https://modesto.gal/imx/Bombanakona.mp3 https://modesto.gal/imx/Bombanakona1.mp3 -
🗺️ Toponimia en perigo: cando os algoritmos borran a nosa identidade
Nos últimos anos, observamos como plataformas dixitais como Google Maps ou Wikipedia en español presentan topónimos deturpados ou directamente inventados, ignorando a forma oficial e legal en galego.
Este fenómeno non é só unha cuestión técnica; é unha ameaza directa á nosa identidade cultural e lingüística.
🔍 O caso de Porto do Son
Un exemplo paradigmático é o de Porto do Son, que en certas versións de Google Maps aparecía como “Villa y Puerto del Son”, un nome imposto durante o franquismo e sen validez legal na actualidade.
A pesar dos esforzos da comunidade para corrixir este erro, os cambios eran revertidos sistematicamente, evidenciando unha falta de sensibilidade e coñecemento por parte destas plataformas.
🧠 A responsabilidade das plataformas dixitais
As empresas tecnolóxicas teñen a responsabilidade de respectar e reflectir a diversidade cultural e lingüística dos territorios que representan.
A utilización de algoritmos que priorizan fontes non oficiais ou desactualizadas contribúe á desinformación e á perda do patrimonio inmaterial.
✊ Que podemos facer?
- Denunciar: Se atopas un topónimo incorrecto, utiliza as ferramentas de reporte das plataformas para sinalar o erro.
- Divulgar: Comparte información sobre a toponimia correcta nas redes sociais e medios locais.
- Colaborar: Participa en proxectos como a Galipedia, asegurando que a información dispoñible sexa precisa e en galego.
- Presionar: Solicita ás administracións públicas que interveñan e esixan ás empresas tecnolóxicas o respecto pola legalidade vixente.
A defensa da nosa toponimia é unha loita pola nosa lingua, cultura e historia. Non permitamos que os algoritmos borren o que somos.
-
The Last of Us
#Thelastofus por alguén que tivo 0 contacto co videoxogo e 0 hype tamén pola serie, aínda que coincide bastante con my drug of choice:
O que levo visto de San Pedro de Nós é que, ata agora, aínda que ten a miña aprobación, a narración é simplisimamente liñal e sen ningún fío secundario nin historias paralelas que se alternen. Ou sexa, como un videoxogo xD
Aí está a súa eiva, precisamente. A súa orixe. Pensada en algo xogado por unha persoa en primeira ídem e, polo tanto, sen historias paralelas que lle dean máis variedade á trama.
Pois continúo despois, agora que chegamos a 2023.
En 2023 xa por fin parece que hai varias accións paralelas e sae Olivia Dunham, así que mellora un 500%.
https://video.twimg.com/tweet_video/Fmm2-mPWAAkubLv.mp4 olivia dunham fringe GIF Outro punto en contra: os personaxes lavan o cabelo tanto como Soto Ivars.
Póñolle un "good" e non un "wow", e tamén porque se pasaron un pouco na metraxe. Veremos que tal evoluciona.
Originally tweeted by Modesto (@Modesto) on Monday, 16 de January de 2023.
-
Oh, the irony
Hoxe volvo por aquí para constatar que os algoritmos e robots que controlan as redes sociais non son moi dados a pillar a retranca e a ironía. Hoxe Twitter limitoume a conta durante 12 horas por ter publicado un tweet parodiando as teorías conspiranoicas… y lo que sucedió después no te sorprenderá.
A brincadeira en cuestión. Pois iso, amigues: non fagades brincadeiras ou escribades barbaridades de xeito irónico, que igual tedes que asumir as consecuencias de que fosen certas. Xa non son o primeiro ao que lle pasa, e o meu non foi o caso máis grave.
Paréceme moi ben que se controle a difusión de información falsa nun tema tan sensible para a saúde pública. O que tampouco me explico é como seguen existindo contas con miles de seguidores que espallan lixo e mentiras constantemente sen que lles pase nada. E aí seguen. Esperemos que isto sexa o comezo do fin para esas actitudes que non, non están protexidas pola liberdade de expresión.
Beizóns.
-
De paseo
Por Porto do Son.