Category: Mass media etc

  • Realismo nórdico

    Agora que remata esta serie, reproduzo aquí este artigo, publicado na sección Querido fantasma do número 48 da Revista Luzes,. Fortitude é un pequeno asentamento internacional nunha illa nórdica dominio de Noruega, cunha poboación de apenas 700 habitantes, entre mariñeiros, cazadores, científicos, burócratas e aventureiros. A vila, ata o momento pacífica, vese sobresaltada por unha […]

  • Haise que actualizar…

    Pois si. Xa levamos un tempo sen actualizar o blog e vai sendo hora de facelo, non? O traballo ultimamente non me deixa demasiados ocos libres, pero querer é poder. E aínda queda algunha colaboración con Luzes que reproducir aquí. Grazas!

  • Pirómanos das redes sociais

    Como xa case todo o mundo sabe, esta semana en Porto do Son sufrimos unha serie de incendios provocados, que no momento de escribir este artigo aínda non foran extinguidos por completo, e que afectaron a máis de mil hectáreas de monte. Ás perdas da biosfera, tanto vexetal como animal; á contaminación que fixo o […]

  • Queremos Adsense en galego

    O xigante da publicidade na internet, Google, segue a discriminar a nosa lingua. Despois de tantos anos, o seu servizo Adsense segue sen estar dispoñible en galego. Iso significa que un blog galegófono nunca poderá levar publicidade de Google, pois non o detectará como escrito en español nin en portugués, aínda que seleccionemos calquera destas […]

  • Xa non son blogomillo

    Ooooooh. Con grande pesar vexo que este blog non está incluído na listaxe feita por XPI da nova cartografía do blogomillo. Polo menos na blogomorgue si que seguimos! Actualización: onde dixen digo, digo Diego (Ameixeiras).