Por moito que o diga Edilberto Alonso na canción do verán galega, ver cal foi a nova máis importante do día de hoxe na TVG fainos poñer os pés na terra.
Categoría: Mass media etc
-
Sorpresa (2)
Unha semana despois, El Correo Gallego tamén o conta.
E, contra o que di Sobek nun dos comentarios desa nova, si se ve con nitidez. Demostración (e de paso, exemplo da programación):
-
Sorpresa!
Púxenme a mirar a televisión a estas horas e detectei unhas estrañas interferencias na 2. Por curiosidades friquis das miñas sintonicei o aparello e de repente atopei isto:
É dicir, que dende hoxe se pode sintonizar a Sexta dende o reemisor de Noia, na canle 24 da UHF, interferindo lixeiramente á 2 (canle 23), así que non sei se seguirá aí ou está en probas ata que atopen outra frecuencia máis axeitada.
A todo isto, creo que aínda non a puxeron en Santiago. Tocaba para o día 1.
Estes de Abertis Telecom están a traballar contra reloxo. Pero aínda non puxeron a TDT.
Engádega: Non foi Abertis, senón Retegal.
-
O mundo ao revés
Piden eliminar a acepción de español como ‘parvo’
O Bloque Nacionalista Español (BNE) presentou unha proposición non de lei no Parlamento para que se eliminen do Dicionario da Real Academia Galega (RAG) as acepcións do termo español nas que este xentilicio aparece como sinónimo de “parvo” e “tatexo”, por se tratar dunha “sinonimia prexuizosa, estereotipada, vexatoria e pexorativa”.
O orixinal aquí. -
Oggi
Da questo momento le campane non possono e non devono suonare fino a Pasqua.