A Xunta de Galicia segue sen decidirse a conceder as licencias de TDT local. Íao facer o verán pasado o anterior goberno en funcións, logo o prazo remataba a fin de ano, despois dilatouse tres meses ata rematar marzo e, finalmente, Touriño dixo que se faría antes de rematar xuño, mes que, por certo, rematou hoxe cun Consello no que non se tratou o asunto. Será a semana que vén? Cando así sexa, o asunto será comentado aquí moi polo miúdo.
Entre tanto, lembremos o que pon no prego de condicións:
Os datos de audiencia do partido de fútbol que enfrontou onte as seleccións de España e Tunisia non deixan lugar para as dúbidas:
SHARE
CUATRO
LA SEXTA
TOTAL
CAT
39,1%
12,2%
51,3%
EUS
38,6%
18,2%
56,8%
GAL
43,3%
16,4%
59,7%
No resto das comunidades autónomas superouse o 60% de share. Fonte: Fórmulatv.com.
Tamén hai outras posibles interpretacións, como que somos menos futboleiros ca o resto dos cidadáns españois. Aínda que eu, persoalmente, me inclúo no grupo dos que non sentimos a mínima emoción escoitando himnos de reminisciencias neofascistas como «A por ellos», «Romper gargantas hasta sangrar» e barrabasadas semellantes, non creo que sexa a nota predominante entre os galegos.
Si: non vin o partido nin teño pensado ver ningún, vale?
Engádega: Como xa empezo a ver os comentarios que chegan, teño que confesar que a selección galega tampouco me «pon».
A estrea do late show presentado por Carlos Blanco tivo uns resultados non demasiado malos: un 10,7%.
O programa gustoume, pero aínda é un pouco cedo para sacar conclusións. Non se debe comparar con Sitio Distinto, por moito que Reixa estea de produtor executivo e Blanco participase naquela experiencia pioneira, nin coa Máxima Audiencia de Manquiña, pero é un intento digno de facer un late night show autóctono e diferente a toda a programación centralista das outras canles, tanto se o centralismo vén de Madrid como de Barcelona.
(E fágolles un pouco de publicidade porque teñen unha sección na que comentan blogs, así que… a ver se cae algo).
Previamente estreouse a serie francesa Dolmen, cun share do 9,9. Consta de seis episodios e ten unha fotografía impresionante, por non falar do misterio ou da súa actriz protagonista, Ingrid Chauvin. Algo moi diferente do que estamos afeitos a ver, e máis se a comparamos coa outra cara da moeda: CSI. En Franciafoi un éxito, pero aquí é de supoñer que non será tanto. A vindeira semana terase que enfrontar con España–Tunisia.
Tanto se a audiencia acompaña como se non, haille que agradecer á televisión autonómica que arrisque e aposte por novos espazos, en lugar de repetir unha e outra vez as mesmas series e programas.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.