Somos unha potenzia (ou case)

A estrea do late show presentado por Carlos Blanco tivo uns resultados non demasiado malos: un 10,7%.

Somos unha potenzia

O programa gustoume, pero aínda é un pouco cedo para sacar conclusións. Non se debe comparar con Sitio Distinto, por moito que Reixa estea de produtor executivo e Blanco participase naquela experiencia pioneira, nin coa Máxima Audiencia de Manquiña, pero é un intento digno de facer un late night show autóctono e diferente a toda a programación centralista das outras canles, tanto se o centralismo vén de Madrid como de Barcelona.

(E fágolles un pouco de publicidade porque teñen unha sección na que comentan blogs, así que… a ver se cae algo).

Previamente estreouse a serie francesa Dolmen, cun share do 9,9. Consta de seis episodios e ten unha fotografía impresionante, por non falar do misterio ou da súa actriz protagonista, Ingrid Chauvin. Algo moi diferente do que estamos afeitos a ver, e máis se a comparamos coa outra cara da moeda: CSI. En Francia foi un éxito, pero aquí é de supoñer que non será tanto. A vindeira semana terase que enfrontar con EspañaTunisia.

Tanto se a audiencia acompaña como se non, haille que agradecer á televisión autonómica que arrisque e aposte por novos espazos, en lugar de repetir unha e outra vez as mesmas series e programas.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.