Cataláns, vascos e galegos, os menos identificados coa selección española

Os datos de audiencia do partido de fútbol que enfrontou onte as seleccións de España e Tunisia non deixan lugar para as dúbidas:

SHARE CUATRO LA SEXTA TOTAL
CAT 39,1% 12,2% 51,3%
EUS 38,6% 18,2% 56,8%
GAL 43,3% 16,4% 59,7%

No resto das comunidades autónomas superouse o 60% de share. Fonte: Fórmulatv.com.

Tamén hai outras posibles interpretacións, como que somos menos futboleiros ca o resto dos cidadáns españois. Aínda que eu, persoalmente, me inclúo no grupo dos que non sentimos a mínima emoción escoitando himnos de reminisciencias neofascistas como «A por ellos», «Romper gargantas hasta sangrar» e barrabasadas semellantes, non creo que sexa a nota predominante entre os galegos.

Si: non vin o partido nin teño pensado ver ningún, vale?

Engádega: Como xa empezo a ver os comentarios que chegan, teño que confesar que a selección galega tampouco me «pon».

7 comentarios

  1. A min cantar “A por ellos” non me parece neofascista, ademais, no partido da selecion galega cantabase “a por eles” q ven sendo o mesmo pero en outro idioma… e a q iso non che parecia fascista, senon superprogre…

    Creo q xa está ben de confundir españolismo con fascismo. Os unicos fascistas son os que non toleran o que os demáis pensen, lease, Falanxe (en galego q lles fode máis) ou os que lle foron a reventar ó mitin os do PePe en Catalonia… (indpendentemente de q o merezan) q din ser moi de esqerdas.

    Comentario aparte, pareceme tercermundista o de celebrar un triunfo contra Tunez na primeira fase na praza de colon… como se nota q hai afeccións q levan uns aniños sen celebrar nada…

  2. O de “a por eles” paréceme igualmente neofascista ou probélico, se prefires esta expresión.
    Tamén seguro que onte pola noite había moitos independentistas vascos, cataláns e galegos emocionadísimos.

  3. ¿E tódolos galegos que vivimos fora de Galiza qué? ¿E tódolos andaluces que viven en Cataluña? Nunca crin nos datos do seguimento da televisión, en especial cando dun día para outro saben ata a franxa de idade que ten cada espectador… Números sen sentido ó meu modo de ver.

  4. a min nunca me gustou esa selección , e non só e esa canción , xa estou farto de escoitar cada vez que vou traballar “rojo es el color del equipo ESPAÑOL” , ademais non sei como festexan tanto se lles tocou nun grupo de merda

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.