Categoría: Mass media etc
-
Aprèn català amb La Sisena
A xente que quixera ver o partido entre o Deportivo d’A Coruña e o Atlético de Madrid esta noite, polo menos onde eu vivo, puido asistir a un curso gratuíto de catalán. Cousas da tecnoloxía.

-
A Galega, sen avisar
Pois si. Dende hoxe, a TVG é a Galega, sen previo aviso.
Un exemplo de como é a volta de publicidade e de como a programación segue sendo surfeira total. O que mola é ese breve «Televisión de Galicia» cando aparece o díptero.
-
Pasatempo
Mire atentamente as seguintes capturas de catro cadeas de televisión diferentes e descubra qué micrófonos de qué dúas televisións que se supón deberan de estar aí non aparecen nas imaxes.
Pista: Os feitos aconteceron no xulgado de Ribeira.
-
Breogania despois da catástrofe
En realidade, esta imaxe é de Marte, e foi tomada polo vehículo Spirit da NASA. NASA/JPL-Caltech/Cornell/NMMNH.
Semella que por alí xa pasaron os pirómanos hai tempo.