Estes son os participantes que non estarán na final do Festival de Eurovisión do sábado. Como era de agardar, o público castigou as propostas máis estrafalarias, aínda que non todas. Deica, pavo Dustin!
Categoría: Mass media etc
-
Un día histórico para o audiovisual galego
Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde 😀
Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.
Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben:
-
SIVER PENDEJOS
Eu, como moitos outros blogueiros deste país -dou fe-, recibín non hai moito tempo un convite anónimo para participar nunha xuntanza que vai ter lugar o 31 de maio en Agolada. Lamentabelmente, esa fin de semana non vou estar dispoñíbel para ningún tipo de actividade social, a pesar da chea de actos programados. Outra vez será, ou non -é que ultimamente estou moi asocial.
-
Feliciano 2008
Nesta ocasión, a felicitación non podía vir doutra persoa máis ca do tenista Feliciano López, tamén coñecido como Feliciano Pérez.
Relacionada: Feliciano 2005 (para que se vexa que este blog xa ten tres anos e pico).
-
Radio María
Temos nova emisora pirata no Son: Radio María. A pesar do que indica a foto, non é unha radio especializada en música reggae e liña editorial a prol da legalización do cannabis. Xa hai un tempo comezara a funcionar ao outro lado do Barbanza coa pretensión de chegar até Compostela, pero parece que non funcionara a cousa. Agora, está aquí, como se pode comprobar na listaxe de frecuencias.