Categoría: Mass media etc

  • A Wikipedia en español é caca

    Se buscamos, por exemplo, o artigo sobre Channel 4, a Wikipedia di (a letra resaltada en negra é miña):

    Channel 4 is a British public-service television broadcaster which began transmissions on 2 November 1982. Although commercially self-funded, it is ultimately publicly owned

    Pero a Eskipedia di:

    A pesar de ser un canal completamente privado, posee un estatus de carácter público y debe cumplir una serie de obligaciones

    Como son completamente contraditorias, as dúas versións non poden ser certas, así que unha é falsa. De cal nos fiamos? Eu téñoo bastante claro -e máis se buscamos novas ou consultamos a mesma web do Channel 4-. Outro día falaremos dos topónimos galegos (ou mellor non).

  • Semellanzas razoábeis

    O verán adoita ser unha etapa de seca no relacionado cos meus contidos audiovisuais favoritos, así que teño que botar man do pasado. Se algunhas veces me ten estrañado que alguén non vise aínda Lost, máis lles debería de estrañar a eles que eu aínda non vise -até agora-… Twin Peaks.
    E quen vexa Twin Peaks non pode evitar lembrar a serie cada vez que lle falen do Medio Rural.

    Aínda que tamén poderiamos atopar paralelismos con Miguel Induráin.
    [flash http://ondemand2.rtve.ondemand.flumotion.com/rtve/ondemand2/microsites/muchachadanui/03x03indurain7y6t5r4e.flv w=600 h=470]

  • O vídeo censurado pola TVG

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=Kr2jlCyCJBI]

  • Pilinguismo

    Rivas e Morris, hai 23 anos, eran uns visionarios.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=7gA2ydHHU7E&rel=0&showinfo=0]

  • Desconexións

    En varios sentidos da palabra. Por unha parte, agora non vou ter a posibilidade -de momento- de actualizar o blog entre semana, por falta de conexión no fogar, co que o número de actualizacións, que xa non era moi alto, vai seguir decrecendo.

    Por outra, quería falar dun tema que está a causar algún malestar, aínda que supoño que non en demasiadas persoas, só nos frikis televisivos e pouco máis. Pois ben, dende o 13 de febreiro, a TVG comezou a incorporar -xa non era sen tempo- as desconexións locais nas súas emisións por TDT, que serán as únicas que faga de aquí a pouco (ademais do satélite). Pois ben, isto provocou que houbese algúns cambios.

    Por exemplo, agora na ría de Muros e Noia podemos ver as próximas e interesantes noticias da Coruña e de Ferrol, este sábado con TCs de regalo:

    Non tes instalado Flash ou tes desactivado JavaScript.

    Chamei a Retegal para ver se o podían resolver, e de alí a un pouco chamáronme -pensaban que eu era de Control Central (!)- e dixéronme que “o Ministerio” indicaba que había que poñer nesa zona a desconexión da Coruña. Ben, o certo é que aquí temos a TDT autonómica na canle 61, pero é polo feito de que 40 (a de Santiago) está a ser usada en analóxico por Antena 3, e non por outra razón. De feito, en Fisterra tamén usan a canle 40, polo que se dá a situación absurda de que a desconexión da Coruña-Ferrol se ve na súa área de influencia e nun pequeno Xibraltar ao suroeste da provincia. Preguntei se iso ía cambiar co apagón analóxico de xuño e dixeron que non, que eran ordes do Ministerio. Espero que impere a cordura e fagan o cambio cando desapareza a Antena 3 analóxica. Ou, polo menos, que deixen de enviar redactores da delegación da TVG de Compostela a cubrir novas a Noia e, no seu lugar, manden xente da Coruña.

    E, aínda que pareza un tema localista, o certo é que a xente de Pontevedra tamén está bastante anoxada, porque en dixital ven a programación de Vigo e non a que lles corresponde. Neste caso, a solución probábel será facer como fan na Coruña con Ferrol e deixar uns minutos para a información da capital provincial. Pero teñen de prazo até abril de 2010.