Mentres non se demostre o contrario, ou mentres o afirme Más se perdió en Cuba, e se son palestinos, máis, e se son de Gaza, aínda máis, porque o exército israelí é superguai e avisa e todo, humanitariamente.
Categoría: Mass media etc
-
Faltan 212 días
Que vén o píxel! Pois, dende hai case dúas semanas, xa podemos, no Son, gozar desa ampla oferta de programación dixital que inclúe estes marabillosos concursos de tele-estafa:
Concursos nos que as televisións locais, por certo, foron pioneiras, como non son pioneiras da TDT, porque seica até a primavera non comezarán a emitir. Quen chega último queda sen sitio. Como recomendaban os de Muchachada Nui: HANTENICENCEN!
-
Atrasos
La Voz de Galicia / Barbanza (5/6/2008)El concejal de Facenda de Noia, Lino García Novo, anunció ayer que antes de que acabe este mes ya se habrán hecho todas las adaptaciones técnicas oportunas en el repetidor del monte San Lois para que las cadenas de televisión que emiten mediante señal digital terrestre puedan ser sintonizadas en todos los hogares.
Pode que Lino fose moi optimista, que Abertis tome as cousas con moita calma, ou que a zona non forme parte do 88% de cobertura estatal prevista para o 31 de xullo.
Si, é certo que teñen que solucionar varias cousiñas: o repetidor do Concello de Muros que emite en analóxico no canal 66 (Cuatro dende Paxareiras), cambiar de frecuencia Antena 3 en analóxico (40, que usa a TDT autonómica da desconexión de Santiago), eliminar a emisión analóxica de TVSB no 27 (reservado á TDT local), e non sei se algo máis.
…aínda que esta mensaxe pode querer dicir algo. En calquera caso, eu estarei en Nova York en agosto, e non terei tempo para comprobar esas cousas, losepáis. Unha lembranza a Fly Music:
-
Resistance is futile
Non nos queren deixar en paz. Está visto que hoxe é aconsellábel deixar ben apagado o televisor.
