Categoría: Mass media etc

  • Un debate «tapado»

    Esta noite emitiuse pola TVG un debate electoral, no que sería preferible que tiveran intervido os tres candidatos á presidencia da Xunta. Malia isto, si estiveron tres cabezas de lista: os d’A Coruña do BNG e PSdeG-PSOE e o de Pontevedra do PP. É dicir, Quintana, Méndez Romeu e Núñez Feijoo. Ademais, este debate non se promocionou o suficiente e quizais case ninguén o vexa. Ben, Quin si que lle fixo publicidade: «Esperámolo, señor Fraga». Pero o señor Fraga non foi. Nin o señor Touriño.
    Cambiará isto algunha vez? Para cando un 59â€? á galega?
    Quizais á xente non lle interese a política e pase todo o día 19 na praia. Despois, non se poderán queixar. Un mundo feliz.

  • Sorpresa!

    ModestoWeb, por fin, reunificada!

  • A información ao servizo da verdade

    O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia non está de acordo con toda unha serie de irregularidades democráticas que se están a producir ultimamente no eido dos medios de comunicación galegos, como as subvencións sen control parlamentario ou a concesión de licenzas de televisión dixital terrestre fóra do período de sesións.
    Ler máis

  • TVG supera en audiencia, por primeira vez na historia da audimetría en Galicia, a TVE

    Copio e pego:

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 (EUROPA PRESS)

    A Televisión de Galicia remata este mes de maio, e por primeira
    vez des que se instaurou o sistema actual de audimetría, por diante
    de TVE, á que lle saca cinco décimas (19,8%, fronte ao 19,3 da canle
    pública española), segundo informou hoxe a CRTV nun comunicado.

    É salientable, igualmente, que o rexistro acadado pola TVG neste
    mes é o mellor acadado nos últimos 58 meses, ou sexa, desde marzo do
    2001. Do mesmo xeito, tamén supera á canle privada Antena 3 TV, co
    que se consolida como unha das opcións preferidas pola audiencia,
    confirmando os datos que se tiraban da última ola do EGM.

    Unha vez máis, hai que culpar deste éxito á “fortaleza que están
    amosando os informativos da TVG”, sobre todo na franxa do mediodía,
    marcado por un forte compoñente informativo, e no que a canle
    autonómica é líder absoluta, cunha cota de pantalla media, de luns a
    venres, do 28,3%.

    Outros factores importantes son, asemade, o bo momento da ficción
    galega, con “Libro de familia� (30,8%), “Pratos Combinados�, “As Leis
    de Celavellaâ€? ou “4º sen ascensorâ€?, ademais dos espazos de
    entretemento como “O Show dos Tonechos�, “Luar� e “Supermartes�.

    Nun mes que veu marcado por grandes acontecementos deportivos, como
    a Fórmula1, a liga de campións, o Roland Garrós…, ademais doutros
    eventos como, por exemplo, o Festival de Eurovisión, a TVG segue
    firme na súa liña ascendente iniciada hai uns meses.

    Merece unha mención especial o feito de que, en tan só uns meses,
    a TVG conseguise recurtar a diferenza que a separaba de TVE (case 10
    puntos), e superala, o que indica a fortaleza que está amosando a
    canle autonómica, e a perda graduada de audiencia que experimentou
    TVE en Galicia.

    Espero que toda esa audiencia teña un chisco de espírito crítico.

  • Día da Paz e da Dieta

    Esta celebración é o mellor xeito de contrarrestar o militarismo e as romarías. Ademais, non provoca acidez de estómago.