Un debate «tapado»

Esta noite emitiuse pola TVG un debate electoral, no que sería preferible que tiveran intervido os tres candidatos á presidencia da Xunta. Malia isto, si estiveron tres cabezas de lista: os d’A Coruña do BNG e PSdeG-PSOE e o de Pontevedra do PP. É dicir, Quintana, Méndez Romeu e Núñez Feijoo. Ademais, este debate non se promocionou o suficiente e quizais case ninguén o vexa. Ben, Quin si que lle fixo publicidade: «Esperámolo, señor Fraga». Pero o señor Fraga non foi. Nin o señor Touriño.
Cambiará isto algunha vez? Para cando un 59â€? á galega?
Quizais á xente non lle interese a política e pase todo o día 19 na praia. Despois, non se poderán queixar. Un mundo feliz.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.