É o que din as enquisas, se é que nos fiamos delas. Pobre Quin, vai quedar máis só que Beiras nos tempos do Pazo de Fonseca.
Categoría: Mass media etc
-
Presidente Touriño?
-
As novas do día
Máis ou menos, así foi a escaleta do Telexornal Mediodía (TVG) de hoxe:
1) Manuel Fraga é proclamado candidato á presidencia da Xunta de Galicia nun supermegahipermultitudinario acto no Pazo de Congresos de Santiago (10 minutos, máis ou menos)
2) Algo de Touriño (2 minutos, como moito)
3) Algo de Quintana (algo menos aínda)
4) Dúas enquisas danlle a vitoria ao Partido Popular, ao bordo da maioría absoluta (un minuto e pico) -outros medios doutras tendencias políticas poderían poñer un titular ben diferente cos mesmos datos, pero non é o asunto que nos trata agora
5) Dona Letizia está preñada
Conclusión: Don Manuel é republicano. -
Enquisa electoral autonómicas 2005
Como, cando alguén busca no Google “enquisa electoral autonómicas 2005”, cae neste modesto blog, voulles poñer os datos que buscan: a última sondaxe, a de La Razón.