Invasión da intimidade?

Como estamos co tema televisivo, hoxe en CanalTambre (televisión local de Noia) ocorréuselles ofrecer a lista de premiados do sorteo da campaña de nadal da federación de empresarios do Barbanza tal e como llela enviaron… Pero esqueceron tapar os números de teléfono dos afortunados. Non foi o meu caso aquí:

Publicada o
Categorizado como Mass media etc

ModestoWebRadio (agora si)

Xa está soando dende o mediodía, e pódese escoitar aquí ou aquí, dependendo do programa que empreguedes. Calidade moi baixa (24 kbps, mono) e un máximo de catro ouvintes simultáneos. Por suposto, é algo completamente experimental e/ou educativo, sen ninguna outra pretensión de tipo comercial… Seguirá online ata as seis da tarde (hora galega ou CET, claro). Gozade da música, se tedes bandullo de abondo…
A programación vaise ir repetindo constantemente, como en Kiss FM.

Publicada o
Categorizado como Mass media etc

Moncha non irá a ‘Crónicas’

Deixouno moi claro na rolda de prensa que deu esta tarde no centro social de Boiro: «Non me vou dar de hostias co Padre Apeles». Parece ser que lle ofreceron ir a Crónicas Marcianas e a Salsa Rosa, pero Moncha non quixo venderse. Segundo ela, non cobrou un peso por saír no programa de Ana Rosa. Por certo, eu estaba alí. Por iso dixo aquilo de «estades todos moi guapos»…

Publicada o
Categorizado como Mass media etc