Ramona Maneiro Superstar

Hai que ver a que armou esta semana Ramona Maneiro, recoñecendo que fora a persoa que axudou directamente a morrer a Ramón Sampedro. Espero que o empuxe mediático que conseguiu grazas a Ana Rosa Quintana non a convirta nunha superestrela da pantalla, e que acabe en programas como Gran Hermano VIP ou Aventura en Ã?frica, como King Ã?frica ou María Jiménez
Por certo, qué pouco lle queren os familiares de Sampedro, sobre todo a cuñada, que non ten nada que ver con Balbina, a de Pratos Combinados.

Como hoxe choveu moito (non, non estaban a mexar por nós), nesta captura da 2 de TVE en Galicia sae con paraugas…

Publicada o
Categorizado como Mass media etc

Convites para Gmail

Aínda hai alguén no mundo mundial que non teña conta en Gmail? Arestora quédanme 4 convites totalmente gratis, aínda que acepto donativos. ;-p

Publicada o
Categorizado como Mass media etc

Ryanair xa está en Compostela

Confirmouno na TV oficial do reino (de Galicia) o conselleiro de Cultura, Turismo e etcéteras, Jesús Pérez Varela (non sei por que Beiras tiña a teima de chamarlle “pequeno Goebbels”). A partir de agora, poderemos voar a Londres por 3 euros. Unha boa nova, tanto para María como para Maricarmen Mella, aínda que supoño que esta última seguirá viaxando en primeira clase coa aeroliña (non federal) máis cara que haxa…

Publicada o
Categorizado como Mass media etc

Rebaixas?

Que pasa? É que só Google se pode decorar para conmemorar distintas datas sinaladas? Esta foi a imaxe do día da Terra, o 22 de abril:

Pois aquí tamén se han celebrar as “festividades importantes”, como as rebaixas, neste caso. Non sei cal será a próxima… Admítense suxestións.

Publicada o
Categorizado como Mass media etc