Nin Adela Cano podería prever algo así.
Axiña, máis…
Categoría: Mass media etc
-
Captura do futuro
-
Ramona Maneiro Superstar
Hai que ver a que armou esta semana Ramona Maneiro, recoñecendo que fora a persoa que axudou directamente a morrer a Ramón Sampedro. Espero que o empuxe mediático que conseguiu grazas a Ana Rosa Quintana non a convirta nunha superestrela da pantalla, e que acabe en programas como Gran Hermano VIP ou Aventura en Ã?frica, como King Ã?frica ou María Jiménez…
Por certo, qué pouco lle queren os familiares de Sampedro, sobre todo a cuñada, que non ten nada que ver con Balbina, a de Pratos Combinados.
Como hoxe choveu moito (non, non estaban a mexar por nós), nesta captura da 2 de TVE en Galicia sae con paraugas… -
Convites para Gmail
Aínda hai alguén no mundo mundial que non teña conta en Gmail? Arestora quédanme 4 convites totalmente gratis, aínda que acepto donativos. ;-p
-
Ryanair xa está en Compostela
Confirmouno na TV oficial do reino (de Galicia) o conselleiro de Cultura, Turismo e etcéteras, Jesús Pérez Varela (non sei por que Beiras tiña a teima de chamarlle “pequeno Goebbels”). A partir de agora, poderemos voar a Londres por 3 euros. Unha boa nova, tanto para María como para Maricarmen Mella, aínda que supoño que esta última seguirá viaxando en primeira clase coa aeroliña (non federal) máis cara que haxa…