A ubicuidade de Maricarmen Mella

Xa hai moito que non sabemos nada de Maricarmen Mella, que hai dez anos fora musa deste modesto blog. Nalgún momento a súa presenza aquí rozaba a ubicuidade, porque Maricarmen, como todos sabemos, daba moito que falar.

Maricarmen Mella
Maricarmen Mella

Así, tivemos a oportunidade de ver como a famosa presentadora comía un cachorro quente en pleno Londres, diante dun elefante. Maricarmen guiounos polos lugares máis marabillosos onde houbese un galego, a poder ser vivindo ben. Porque se algo podemos salientar do seu labor como viaxeira incansábel foi o feito de acabar coa imaxe do emigrante que sufría fóra da terra. Ao contrario, só se podían ver no seu programa Encontros xente vivindo de fruta madre ao estilo Mella, o que animou anos máis tarde a que a mocidade galega emigrase, perante a ubicuidade da falta de expectativas laborais na Galiza.

A ubicuidade de Maricarmen fai mella neste blog

Este blog tamén tivo a honra de ofrecer, hai unha década, esta felicitación de nadal de Maricarmen, ataviada co seu atrevido vestiario ao que xa nos ten afeitos de toda a vida, tanto en Lugo como noutros lugares, tales como a gala do albariño de Cambados. A súa ubicuidade non se pode negar, non.

Outro dos seus momentos televisivos en Encontros foi cando confundiu a Pobra de Brollón coa Pobra do Caramiñal.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=f_8AYWVRb6s]

E todo isto parece unha proba de posicionamento SEO, e efectivamente, así o é, porque moita xente chegaba aquí buscando esas dúas palabras, a ubicuidade e cousas sobre Maricarmen Mella, á que lle enviamos un cariñoso saúdo desde este modesto blog.

She’s back!

Agora que nos atopamos nunha época de transición/volta ao pasado/CTRL+Z, un espía acábame de pasar esta fotografía que testemuña onde se atopa a sempre lembrada Maricarmen Mella: presentadora da Gala do Albariño de Cambados. Verémola en setembro na TVG?

Cach@rro-quente en Londres

Xa sei que parece unha obsesión, pero non podo evitar ver o programa Encontros cada semana, porque non ten desperdicio. Nesta ocasión, Maricarmen Mella foi a Londres a conta dos contribuíntes, e, á parte de falar mal dos ingleses, que se son moi pechados e tal e cal -como se os galegos fósemos tropicais, ou algo parecido, aínda que ela si o é, que para algo é Miss Cacaolat– puidemos comprobar o seu gusto polos hot-dogs, en castelán perritos calientes e en portugués cachorros-quentes. Mellor será empregar a variante lusófona, pois nos dá unha idea de por que chegou tan alto esta gran Xornalista con maiúsculas… Vivan os Cach@rros!

Encontros de Nadal

Aínda que o puidera parecer, non son alucinacións froito dos excesos da cea de Noiteboa. No mesmo plató, Fidel Fernán, Superpiñeiro e Maricarmen Mella. Too much for the body!
Aí están as imaxes para testemuñalo.