Xa hai moito que non sabemos nada de Maricarmen Mella, que hai dez anos fora musa deste modesto blog. Nalgún momento a súa presenza aquí rozaba a ubicuidade, porque Maricarmen, como todos sabemos, daba moito que falar.
Así, tivemos a oportunidade de ver como a famosa presentadora comía un cachorro quente en pleno Londres, diante dun elefante. Maricarmen guiounos polos lugares máis marabillosos onde houbese un galego, a poder ser vivindo ben. Porque se algo podemos salientar do seu labor como viaxeira incansábel foi o feito de acabar coa imaxe do emigrante que sufría fóra da terra. Ao contrario, só se podían ver no seu programa Encontros xente vivindo de fruta madre ao estilo Mella, o que animou anos máis tarde a que a mocidade galega emigrase, perante a ubicuidade da falta de expectativas laborais na Galiza.
Este blog tamén tivo a honra de ofrecer, hai unha década, esta felicitación de nadal de Maricarmen, ataviada co seu atrevido vestiario ao que xa nos ten afeitos de toda a vida, tanto en Lugo como noutros lugares, tales como a gala do albariño de Cambados. A súa ubicuidade non se pode negar, non.
Outro dos seus momentos televisivos en Encontros foi cando confundiu a Pobra de Brollón coa Pobra do Caramiñal.
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=f_8AYWVRb6s]
E todo isto parece unha proba de posicionamento SEO, e efectivamente, así o é, porque moita xente chegaba aquí buscando esas dúas palabras, a ubicuidade e cousas sobre Maricarmen Mella, á que lle enviamos un cariñoso saúdo desde este modesto blog.
“UNA GRAN APERTA” COMO DISEN EN ESAS TIERRAS POR LA GRANDE MARICARMEN I SU TRABAJO SIN PARANGON POR LOS “GALEGOS NO MUNDO” TAMBIEN COMO DISEN EN LA TERRIÑA
MARICARMEN ES GALISIA VERDADERA I NO LA DE LA TELEVISION DE GALISIA