Categorías
Mass media etc

Todo pola audiencia

Xavier Sardà sempre comeza o seu Crónicas Marcianas fachendeando dos seus índices de audiencia. Pero, se para acadalos ten que recorrer a espectáculos coma este… A este paso, o humor de Buenafuente ou do Wyoming, ou mesmo o de Manquiña poden acabar superándoo por aburrimento.
Nos seus comezos, Galindo criticaría isto coa súa expresión de “tetas, tetas, tetas”, que é o que acabou sendo o programa líder do night-time.

Esta imaxe está censurada, porque esta páxina vena persoas dos Estados Unidos, e o servidor de blogger tamén está emprazado nese país tan mamilófobo. Ata hai páxinas coas capturas dese momento-teta!
Pero, se pulsas sobre a imaxe, verala completa… Aínda que cousas así se poden ver todos os días na nosa querida terriña.
Non recomendado a menores de 18 anos, aínda que hoxe en día os menores de 18 anos poderíanlle dar clases a Lorena Berdún.

4 respostas en “Todo pola audiencia”

Como isto xa comeza a ser un cachondexo, que diría Andressolo, pecho os comentarios desta entrada, que se estaba a converter nunha porta de entrada de PREBERTIDOS HOYGAN. Avisados estades!

Comentarios pechados.