Por fin

A campaña feita por ModestoWeb non foi en balde. Esta noite volve ás pantallas galegas a serie protagonizada por Ana Kiro A miña sogra e mais eu, con episodios inéditos  ?creoâ€â€?. Supoño que se fará aproveitando a baixada de espectadores habitual neste mes de agosto que hoxe inauguramos, e que, a pesar da súa escasa acollida no seu día, sempre terá máis público ca Máxima Audiencia, que regresa á medianoite.
Dentro desta moda da reciclaxe estival, aí van dúas imaxes que se publicaron no seu día neste modesto blog.
George Bush

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.