Categorías
Cultura IN

Punto Gal

Os cataláns xa acadaron o TLD .cat e, agora, a nova Xunta, sempre a remolque, como non podía ser doutro xeito, tamén quere que a lingua galega dispoña do seu .gal.
A pregunta é: .gal? .gz? .gl? O certo é que o Gal sería moi axeitado para venderlle URLs a entidades de toda a Galaxia, ou a Grupos Antiterroristas de Liberación â€?o feito de non lembralos foi a escusa para bautizar en castelán a Ternera Gallega, aínda que tería sido mellor e máis internacional Galician Beefâ€?.
Pois iso, que podemos ter un novo negocio virtual, como teñen os de Tuvalu (.tv), Federación Micronesia (.fm), Niue (.nu), e outros.
O’Xirarei foi un dos pioneiros nesta demanda.
GAL

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.