A noite máis longa

Onte foi a noite máis longa do ano, debido ao cambio de hora, e que mellor xeito de aproveitala que ir ao concerto de Jonathan Richman, acompañado á batería por Tommy Larkins, na sala Capitol de Santiago DC. Cun repertorio absolutamente multilingüe, Jojo creou esa complicidade co público que tan poucos artistas poden conseguir. Se alguén non sabe de quen estou a falar, sempre pode consultar a Wikipedia ou ver este fragmento da súa célebre Vampiresa mujer:

Así, parte do que algúns denominan mafia do fedello acudimos aló e aproveitamos para dar unha voltiña pola capital galega. Ao final da noite, dun xeito case sorprendente, estivemos tamén uns minutos cun dos máis grandes fans das ChuzaNews.

Engádega

Besbellinha tamén nolo conta.

6 comentarios

  1. E moi boa nota tamén para o público, nunca coa Capitol con esa cantidade de xente vin tanto respeto.

    O que molou foi o momento gasolinaaaaaaaaa xD Hai un video dun intre similar nun concerto en Italia fai uns días, pero non sae él cantando, unha magoa 🙂

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.