Megaloving!

Como xa lle prometín a algunha xente, véxome obrigado a narrar a crónica do concerto dos Megaloves, onte, no Trapitos y Joyas de Santiago de Chile, non por onde anda Emereci, senón na rúa homónima de Humidtown. Coma sempre, este entrañábel grupo deleitounos coas súas composicións e fixeron de abreconcertos do xa máis consolidado The Two Halfs, que toca temas propios, cousa que os outros dous non fan -o que non é nin bo nin malo, senón todo o contrario-. En fin, que hai que ir ao gran:

No local xuntámonos algúns blogomilleiros endogámicos de toda a vida, como o que escribe estas liñas, ictios, fer, ascárida, oko, aluguer (que tivo que marchar antes do concerto), ifrit, moinante e creo que non esquezo ninguén máis. Ben, si, había máis xente que realmente non coñezo en profundidade, pero que tamén sei quen son. Si esquezo, por suposto, os que dixeron que ían ir e non foron. O concerto? Sublime, coma sempre. Como mostra, un par de agardadísimos e exclusivísimos vídeos:

Vídeo
Vídeo

Levamos caramelazos (eu dous de melón), e, despois do concerto, puidemos visionar proxectada na parede da sala ese marabilloso filme que é Barbarella, en versión subtitulada que ictios e mais eu non nos puidemos resistir a interpretar. En algo si que coincidimos todos: asca levaba unha saia moi bonita.

2 comentarios

  1. hehe, home, se chegades a vir tomar algo por estes lares e non me avisades ía haber máis que palabras…
    por certo, eu, ao contrario que besbellinha, son envexa pura, polo que a miña pena é máis pena cada vez que leo o ben que o pasades xuntos.
    ai, non se pode andar a todo 😉
    bicos

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.