Prepárate ¡Cristo viene!

Hai case dous anos e medio publicaba esta entrada para conmemorar as 5.000 visitas deste blog, que xa pasou hai tempo das 100.000 (o contador de abaixo só marca dende o 10 de decembro de 2006). Dende aquela, o robot de Google Imaxes visita con asiduidade esta páxina, até o punto de que esa imaxe do pastel co número 5.000 é a primeira que aparece se procuramos “pastel” no buscador. Porén, aparece dentro da páxina dunha igrexa un tanto chunga dalgún lugar alén do Atlántico. Esa mesma imaxe foi empregada en numerosos foros e nas inenarrábeis Yahoo Answers, sempre no continente americano tirando ao sur. Pero parece que ninguén se decatou do “5.000”, e non creo que ningún dos parabenizados teña 5.000 anos.

2 comentarios

  1. ai o robot de Google Imaxes!!! Mais da metade das visitas que recibo eu son por unha imaxe de Chloe Sevigny espida que puxen hai una ano.
    Dubido moito que o resto do contido do meu blogue sirva para saciar os baixos (ou altos)instintos de ninguen..

    [por certo, moi bo o derradeiro chuzanews]

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.