Respondo ao desafío de Ghanito facendo a miña propia listaxe de oito cousas. E vou facer algo semellante ao que fixera Ifrit hai un ano: 8 temas que triunfan en Chuza! (no de agora, que coincide máis ou menos co de antes). Comezo, entón:
- Activismo de todo a 0,60€. É un tema habitual en Chuza dende sempre, pero quizais agora chega máis á portada que antes. Estabelécese unha especie de competición entre usuarios para ver quen é máis anticapitalista, antiespañolista, proterrorista e outras cousas que rematan en ista. Naturalmente, dende as súas casiñas e sen a menor intención de acabar no caldeiro -aínda que teño entendido que despois fódese moitísimo.
- Reganosa. Merece unha categoría especial por méritos propios. Antes podería estar incluída en calquera outra. Unha nova submodalidade é a de “plantas regasificadoras do mundo mundial”, que poden ter que ver algo ou absolutamente nada coa de Mugardos.
- Lingüística. É evidente que as novas máis comentadas son aquelas nas que se fala (ou non) de temas lingüísticos, especialmente relacionados con normativas, coa normalización, ou mesmo que non teñan nada que ver coa lingua pero que a alguén se lle ocorra deixar un comentario sobre ese tema. Tamén se poden incluír nesta categoría novas que ben poderían formar parte do Zabaldu ou de La Tafanera pero que os galegos adoptamos porque nos sentimos identificados, aínda que as novas sobre o galego non cheguen á portada de ningunha desas dúas comunidades virtuais. Chuzadas sobre linguas oprimidas dos lugares máis recónditos do planeta tamén poden ter o seu éxito.
- Mira que web máis chula/vídeo máis chulo/etc descubrín. Ás veces son máis vellas ca o foder, pero se hai un número suficiente de xente que comezou a navegar antonte, hai moitas posibilidades de que cheguen á portada. En tempos, á xente que chuzaba estas cousas dicíaselle: “Fai un blog”.
- Masoquismo. Non só o relacionado co BDSM, senón todos eses temas que cabrean o persoal, como o PP, Libertad Digital, o machismo, o españolismo, ou unha mestura de todo, que non son incompatíbeis, chaman moito á chuzada. Algunha xente despistada pode chuzar “provocación” porque provocar, provocan.
- Ecoloxía. Copio o que dixo Ifrit hai un ano, que serve perfectamente: “Calquera nova que fale sobre os incendios en Galicia, a contaminación dos ríos, os verquidos nas rías e demáis. Os chuzeiros practican ecoloxismo dende a pantalla do seu ordenador e conciencia tranquila!” Segue a ser así. Reganosa xa se fixo maior e independizouse desta categoría.
- Chorradas. Se a sopa de letras de Pastas Gallo xa ten o W, se se venden “jaitas jallejas”… Aínda que non teñan nada que ver, nin fagan, país, poden chegar á portada se te atopas nun momento especialmente hilariante provocado por un estado de ánimo ou por substancias diversas.
- Geekismo. En perigo de extinción. Hoxe en día o acceso á rede universalizouse e os seus usuarios non teñen por que saber quen é Richard Stallman nin Leonard Nimoy, así que, a maioría manda: non mandedes cousas “raras” que “non se entendan”.
Boto en falta o tema 9. Autobombo, que é unha variante do 4 pero mudando o verbo final: “Mira que web máis chula/vídeo máis chulo/etc teño/fixen“.
Meu, coido que teríamos que quedar a tomar unhas cañas tí e máis eu, porque temos a misma visión (desgraciadamente?) da NX Chuza :S
Por certo, a ver se actualizas esa blogomorgue, que moitos xa morreron (de verdade) hai séculos x)
No meu caso, Psicóticos porque f2o pechou. Fixen un en wordpress porque me veu o gusanillo outra vez. verbas.wordpress.com
tròpicos chungueiros:
Odiarás a España (perdón Ejpaña) más que a ti mesmmmo.
A esquerda galega auténtica é AMI e FPG, o BNG é centro (vendido), PSOE dereita españolista e PP ultradereita.
Ser lusista é cool, ser isolo é rancio.
As empresas galegas son fascistas, explotadoras e ruíns: véxase Zara, Pescanova, Adolfo Dominguez, Finsa, Ence.
Os medios de comunicación son manipuladores e vendidos ao capital ou á politica: Telegaita, La Coz de Ghalisia, El Retroceso. Se te queres informar de verdade chega Rebelion, Kaosenlared, Boltxe, Gara e El Jueves (que é ejpañol pero nos mola como excepción)
Odiamos o fútbol e outros opiáceos, para deportes: a billarda, a chave e o tute cabrón.
Somos ecoloxistas de botellada.
Somos antiamericanos e boicoteamos a Coca-Cola e todo o software e/ou hardware que veña dali (ben, se o fan os asalariados chinos sim vale)
Os bancos galegos son cómplices en Reganosa e en outros asuntos turbios do capital, non gardes o diñeiro alí nin uses os caixeiros (úsaos só para mexar, vomitar ou depositar olas a presión)
Ama a Portugal máis que a ti mesmo igual que os portugueses nos aman a nós. A cultura lusa foi enriquecendo e civilizando as terras por onde pasaban, dándolles unha lingua e unha cultura. (non como Ejpaña)
Liberdade para Ugio e Giana victimas do estado represor
Eu mesmo non o diría mellor… Pero tiñan que ser oito…
Mólame este Jess Blonde 😉
off topic: ola, poderíame dicir que xerador de voz empregabas para as voces do chuzanews… estaríache moi agradecido (que díría rosendo)
Hai moitos, pero o máis coñecido e tal é http://www.loquendo.com/
Non gustan moito as visions que veñen de fora. O espacio de opinión é xustiño
Modesto Vai Ranhala 😛 Con respeto iso si….
😛 😛