Novos Vieiros

Escrito por

en

Fonte: Galicia Hoxe de hoxe.

Conseguir que medre e se consolide é o obxectivo que a xornalista María Yáñez se marcou para a súa nova etapa ó fronte do portal galego de noticias, Vieiros, na remuda do escritor e xornalista Anxo Quintela quen vai emprender un “novo vieiro”.
A partir do ano que vén o portal celebrará o seu décimo aniversario polo que “aproveitaremos para facer un pouco de balance e reedefinición” comenta a blogger, que tamén dirixe A Rotonda, a primeira editora en galego.
Durante este período a nova directora quere que o portal “medre máis que que cambie e se siga consolidando” e para iso fomentarase a produción “de traballos especiais” e promoverase “a participación dos lectores” a través “doutro tipo de campañas que abarquen novos ámbitos para achegarse á xente que non está na rede” explica a xornalista quen quere saber “cara a onde imos”.
Sobre a súa elección supón que “buscaban o perfil dunha muller nova que estivese en contacto coa rede galega e co mundo xornalístico”, características que se cumpren e que se seguirán cumprindo, xa que pensa continuar co seu labor no blog e na editorial A Rotonda.

Pois moita sorte nesta nova andaina.
Atención á foto con ‘pose sesi’:

Comentarios

Unha resposta a «Novos Vieiros»

  1. “buscaban o perfil dunha muller nova …â€? Curioso, ¿por qué muller? ¿por qué nova? O normal sería buscar a persoa máis capacitada independentemente da idade ou do sexo. Isto da discriminación positiva non sei eu como terminará. En fin, que teña sorte.

Deixa unha resposta

Activa JavaScript para deixar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.