¿Sabe usted lo que significa esta señal?
Isto foi o que me preguntou o venres un simpático garda civil. A historia comeza cun adiantamento, feito nunha zona completamente autorizada -iso pensaba eu- e a unha velocidade tamén situada dentro dos límites permitidos.
Este simpático corpo de seguridade paramilitar considera que, ao incorporarme ao carril dereito da circulación, pisei a liña continua. Aínda non sei canto me caerá, pero as faltas graves, como é o caso, castíganse con entre 92 e 301 euros de multa e ata 3 meses de suspensión do carné de conducir. Espero que só me afecte ao peto. Todo depende da discrecionalidade dos de verde.
Cada vez estou máis de acordo con isto.
Non sería en Melide? http://orecuncho.com/?p=599
(Xa seria coincidencia)
Hai xente que de pequena pensaba que significaba carreira de coches.
E ti que lles respostaches á pregunta?
Que, se non o soubese, non tería ese carné -que, espero, non me retiren temporalmente. Se é así, a próxima póñome a adiantar catro coches nunha curva. Total, máis sanción non me pode caer…
Good site… Nice design
Good spam! Thank you!
disolvelos nom, milhor reutiliçalos para que limpen as praias e apajen os lumes coa mitad do soldo, of course!
disolvelos nom, milhor reutiliçalos para que limpen as praias e apajen os lumes coa mitad do soldo, of course!
A todo isto, máis de dous meses despois, sigo sen recibir a agardadísima carta. Estarán a agardar a que entre en vigor o carné por puntos?
Non penses que se esquecen. Amín chegoume unha onte mesmo… do 6 de marzo… Radar detecta exceso de velocidade un domingo ás 8.26 da mañá nun punto indefinido entre Ordes e Mesón do Vento… 300 euros, sen retirada. Aínda vou ter que dar gracias, bueno ou grazas…
E non se deu aínda o caso de alguén que recibira unha multa despois de morrer? Quen a paga? Os seus herdeiros? Isto é como as listas de espera dos hospitais.
Tenche gracia a cousa. Xa sabes; para a vindeira non regreses ao carril da dereita….
xddd Un saúdo!