Autor: Modesto

  • Come What May

    Xa vai comezar o mes de maio, remata Heroes, volve Lost e poño este episodio piloto de Star Trek Phase II (serie antes coñecida como Star Trek New Voyages) e que un grupo de trekkies elabora afeccionadamente como continuación á serie clásica a.k.a. TOS. Non sei por que, o novo filme -que tamén chega en maio- promete ser pouco trekkie. A ver. Chegará a haber neotrekkies hoygan?
    Sobre os 40 minutos que vos agardan aquí embaixo: volvemos aos anos 60! Watch it online here now!
    [flash http://video.google.com/videoplay?docid=-8640306924766056110]

  • Que din os rumorosos?

    O día en Santiago é gris.
    [flash http://www.youtube.com/watch?v=PBGA-742T8U&rel=0]

  • Overrated

    A [segunda] república española está sobrevalorada, pois debería estar á mesma altura ca a monarquía española, a ditadura española ou calquera outra forma de goberno española. Igual a confederación…
    Non sei que pasa, que algúns nacionalistas e mesmo independentistas non cagan coa rojigualdimorada. Españolistas!
    [flash http://www.youtube.com/watch?v=6puNAecbt_E&showinfo=0&rel=0]

  • O meu blog é máis cool ca o teu

    Antes de que protestase Marcus, cambiei o tema deste modesto blog por este superconfigurábel e tuneábel Atahualpa (como Yupanqui). En consonancia, tamén lle dei un novo aire ao Tumblr, modesto.tk.

    Chegou o momento

  • Teleconcurso!

    Unha proba que fixen co Kdenlive, que vale para montar vídeos sen pretensións profesionais. Vamos, que non hai que instalar Avids nin cousas desas.

    [flash http://vimeo.com/4042009]