Supergalegos coma ti

Esta columna foi publicada na sección Ás ceibas do número 33-34 da Revista Luzes, en agosto de 2016. Non sei se lembran aquel programa de humor que se emitía na TVG naqueles tempos do bipartito. Air Galicia era unha sucesión de números cómicos que parodiaban e ridiculizaban a realidade política e social do país, e […]

Politicavisión

Esta columna foi publicada na sección Ás ceibas do número 31 da Revista Luzes, en xuño de 2016. Con esta entrada, comeza a redifusión neste blog das miñas colaboracións noutros medios. Un dos mantras máis repetidos polo movemento cuñadista arredor do Festival de Eurovisión volveuse certo este ano. Aínda que os eurofáns sempre se encargaron […]

Villa de Puerto del Son

Cando entramos en Google Maps, en galego, especifico, atopamos este WTF maiúsculo. Por algún motivo automatizado e por medio dalgún aquelado sistema de demencia artificial, Google decide extraer o nome da localidade desta entrada da Wikipedia en español. Entrada na que, por certo, figura no encabezamento o seguinte: Este artículo o sección necesita referencias que […]

Pirómanos das redes sociais

Como xa case todo o mundo sabe, esta semana en Porto do Son sufrimos unha serie de incendios provocados, que no momento de escribir este artigo aínda non foran extinguidos por completo, e que afectaron a máis de mil hectáreas de monte. Ás perdas da biosfera, tanto vexetal como animal; á contaminación que fixo o […]