Como xa comprobarían os visitantes habituais, agora no menú ese boiante da esquerda tamén se pode traducir a páxina, ademais de ao castelán de Castela, ao galego de Portugal reintegrado, grazas á tecnoloxía de vangarda de Opentrad e de Imaxin.
Categoría: Endogamia
-
Que será, será?
Parafraseando o xa viejuno blog Catu?, que moita xente ignora absolutamente que existiu, porque daquela aínda usaba cueiros e tal, e para animar a participación da -escasa- audiencia, fago este divertidísimo e interesante concurso, aínda que non tanto como os que fai Ghanito -dende aquí un saúdo moi afectuoso para el, que está vivindo eses momentos de tensión-:
De quen é este computador?
-
Meme de memes
Chegouvos algunha vez un meme? Esa especie de versión blogueira dos correos en cadea, que vos obrigan a contestar a preguntas máis ou menos absurdas e ademais a contaxiarlles a proba a un certo número de persoas? Pois é ben sabido, e xa o teño dito máis dunha vez, que non me gustan este tipo de cousas, por moito que ao final os acabe facendo, pero ao meu xeito, claro. Así que inventei uns cantos memes novos para que vos vaiades entretendo. Non llos envío a ninguén en concreto, e poño como condición que non me volvan a min. 😀
- Os cinco memes que máis odias
- Os cinco memes máis estúpidos que recibiches
- As cinco cousas que poderías ter feito se non perdeses o tempo cos memes
- Os cinco memes que só lle pasarías á xente que che cae mal
- As túas cinco imitacións favoritas de Muchachada Nui
- Os cinco medios de comunicación ultradereitistas que máis reafirman as túas ideas
- As cinco peores chuzadas da historia
- Os cinco trolls sen os que non poderías vivir
- Os cinco deportes que máis odias
Naturalmente, pódese substituír o número cinco por calquera outro. Boa sorte e que vos divirtades. 😀
(Imaxe sacada dunha web do Principado de Asturias) -
Proba superada
Hai un millón de persoas, ademais de min, que non gustamos demasiado de George W. Bush. Polo menos, neste grupo de Facebook.
E seguro que hai moita xente de Modesto.
-
Despelote blogueiro
Aínda que é ben sabido que non me gustan os memes, agora son o responsábel indirecto de que naza un novo, que, de seguro, animará un pouco a blogomorgue. Pero, para que logo non digan que non cumpro cos que me mandan, fágoo agora, esquematicamente:
Non me sinto defraudado por ningún regalo/agasallo dos que me fixeron porque todos, por riba do seu valor material ou do seu interese para o agasallado, están feitos coa mellor intención por parte da persoa que os fai, así que me produciría unha grande incomodidade desprezar tal sinal de gratitude.
P.D.: Ía poñer unha imaxe para ilustrar esta entrada mirando por “despelote” nos buscadores de imaxe, pero, visto o que hai, paso. 😀