Categorías
Cultura IN Eurovisión Vídeo

Eurovisión en Australia: down under

O 23 de maio, véspera das eleccións municipais, vai ter lugar en Viena a final do Festival de Eurovisión 2015. Unha das principais novidades deste ano do Eurovision Song Contest é que vai participar, por primeira vez, un país un pouco afastado de Europa. E non falo de repúblicas centroasiáticas, senón de Australia.

Eurovisión

Os motivos para convidar a Australia son varios: a súa confusión de nome con Austria, o feito de que é un país con tradición eurovisiva xa de vello –lembremos A voda de Muriel e a súa devoción por ABBA— ou a típica escusa de que é o 60 aniversario de Eurovisión e hai que facer algo novo.

Pois ben, os australianos, que aínda por riba de teren asegurada a praza na final, tamén van poder votar nas dúas semifinais, decidiron levar a Guy Sebastian, gañador de Australian Idol 2001, cunha canción que xa está na parte máis alta das casas de poxas e que de seguro vai acadar bo lugar na clasificación final, con Tonight Again. A min gústame.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=i7MwzRBEY_M]

Pero que non se asuste ninguén. Se Australia gaña, o festival de Eurovisión do ano 2016 non se vai mudar ás antípodas, senón que a canle organizadora, a SBS, escollerá en que lugar de Europa se celebrará. E tamén terá a honra de volver participar por segundo ano consecutivo.

Categorías
Cultura IN Endogamia Mass media etc Produción propia

A ubicuidade de Maricarmen Mella

Xa hai moito que non sabemos nada de Maricarmen Mella, que hai dez anos fora musa deste modesto blog. Nalgún momento a súa presenza aquí rozaba a ubicuidade, porque Maricarmen, como todos sabemos, daba moito que falar.

Maricarmen Mella
Maricarmen Mella

Así, tivemos a oportunidade de ver como a famosa presentadora comía un cachorro quente en pleno Londres, diante dun elefante. Maricarmen guiounos polos lugares máis marabillosos onde houbese un galego, a poder ser vivindo ben. Porque se algo podemos salientar do seu labor como viaxeira incansábel foi o feito de acabar coa imaxe do emigrante que sufría fóra da terra. Ao contrario, só se podían ver no seu programa Encontros xente vivindo de fruta madre ao estilo Mella, o que animou anos máis tarde a que a mocidade galega emigrase, perante a ubicuidade da falta de expectativas laborais na Galiza.

Maricarmen Mella ubicuidade
A ubicuidade de Maricarmen fai mella neste blog

Este blog tamén tivo a honra de ofrecer, hai unha década, esta felicitación de nadal de Maricarmen, ataviada co seu atrevido vestiario ao que xa nos ten afeitos de toda a vida, tanto en Lugo como noutros lugares, tales como a gala do albariño de Cambados. A súa ubicuidade non se pode negar, non.

Outro dos seus momentos televisivos en Encontros foi cando confundiu a Pobra de Brollón coa Pobra do Caramiñal.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=f_8AYWVRb6s]

E todo isto parece unha proba de posicionamento SEO, e efectivamente, así o é, porque moita xente chegaba aquí buscando esas dúas palabras, a ubicuidade e cousas sobre Maricarmen Mella, á que lle enviamos un cariñoso saúdo desde este modesto blog.

Categorías
Cultura IN Eleccións Mass media etc Vídeo

Perlitas (de Huelva)

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=1ZDzVdYoEps[/youtube]

Pablo Iglesias suspendeume por non ter precaución.

Categorías
Cultura IN Mass media etc

Blogs de humor para matar o tempo

Si, amigas. A sociedade actual, cos seus problemas diarios, o estrés e a crise económica, precisa de que botemos un anaco do día escachando a rir. Por iso, teño un par de blogs humorísticos que vos recomendo e que non deben de faltar no voso lector de RSS. E fago unha listaxe porque está de moda e é moi IN:

E lembrade: nada disto é real -ou iso espero.

Categorías
Cultura IN

Parabéns, Valentín

No día do secretario xeral de Política Lingüística, véñennos ben estas dúas ligazóns: