No día do secretario xeral de Política Lingüística, véñennos ben estas dúas ligazóns:
Categoría: Cultura IN
9 anos que son 37
Na véspera do meu 37 aniversario e días despois do noveno aniversario desde modesto blog, non me queda máis que desexar un feliz 2014 sen avaricia, da man, como non, d’Os da Ría.
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=cTcfzP3ftU0]
Como xa fixeran o ano pasado, que ao final non foi tan bo ano. Ou si?
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=itxy8NJUACk]
Cousas que se están a perder
Dúas das series que estou a seguir agora mesmo teñen algo en común:
Estase a prescindir cada vez máis das cabeceiras, pero o dos últimos anos xa me parece un pouco excesivo: substituílas por un intertítulo. Queremos cabeceiras, por favor. Aínda que non sexan tan longas como a de The Prisoner. E si, ao se emitiren en España cortaranas.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=14eUKogPF7s]
Un artigo cada día
Sería recomendábel escribir cada día un artigo no blog, por iso do posicionamento SEO. Bueno, mellor non. Tamén podería ser un deses propósitos do ano novo, aínda que a mediados de febreiro sexa un pouco tarde. E o ser un propósito de ano novo tamén garantiría o seu fracaso necesario. Entón, pois a ver que se pode facer. Sacarse da cabeza esta canción por exemplo. A cabeza como un bombo.
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=b51p9lg0Hpc]
Friquitops
Unha das últimas modas no YouTube son os vídeos recompilatorios creados por afeccionados que nos amosan as súas apostas para Eurovisión 2012. O amigo hpimu fixo tamén a súa propia recompilación, que xa leva tres “non me gusta” no servizo de vídeos de Google.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=DfzbMTAdUss]