Categoría: Friqueiradas

  • Rmvb to avi

    Facendo algo pola Humanidade: se usamos GNU/Linux e queremos converter un vídeo en formato .rmvb -moi de moda ultimamente pola súa alta compresión, aínda que non pola calidade de imaxe-, cos seus subtítulos, a un .avi con son MP3 e vídeo MPEG4, e que quede xeitoso, debemos usar este comando -e ter instalado previamente o programa mencoder-:

    mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc lavc -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -o nomedoarquivo.avi

    E con vídeo XviD:

    mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc xvid -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -o nomedoarquivo.avi

    Actualización (5/10/2007): Como me preguntaba Dorfun sobre como redimensionar, de paso, o vídeo, velaquí a resposta (despois de consultar man mencoder e buscar entre os millóns e millóns de opcións que ten esta utilidade):

    -vf scale=x:y

    O exemplo anterior, redimensionado a 640×480:

    mencoder nomedoarquivo.rmvb -oac mp3lame -ovc xvid -sub nomedosubtítulo.srt -subfont-text-scale 3 -vf scale=640:480 -o nomedoarquivo.avi

    Tamén é aconsellábel engadir o modificador -subcp latin1 para os arquivos de subtítulos que veñen codificados para Windows -é dicir, todos os que se poden atopar na rede-. Senón, leremos algúns carácteres estraños. E poñer o arquivo .ttf ou .pfb do tipo de letra que queiramos dentro do directorio ~/.mplayer (ou /etc/mplayer, para todos os usuarios) co nome subfont.ttf.

  • iPhone friendly blog

    Se non fose por Marcus, non o sabería… pero así parece que é.

  • Mudanzas

    Mais só estéticas, de momento.

    Faltan, por exemplo, rematar de traducir o molde, cambiar a tipografía -non me convence- e rematar de arranxar a validación.

  • Non moito que contar

    Mentres sigo indeciso sobre o lugar de vacacións, e aínda sen sacar o pasaporte, aproveito para facer cousas importantes como actualizar a versión de WordPress á 2.2, para información dos crackers.

  • Wifelí

    Como dicía a Faraona nun spot de tabaco superboísimo para a saúde, xa podo bloguear tranquilamente dende unha rede wireless porque puiden conseguir dominar o ndiswrapper. A solución foi retrotraerme á versión 1.28 -en vez da supermoderna 1.41 de Debian Unstable-, descargándoa directamente de SourceForge, e compilala con esas palabras máxicas que son

    make && make install

    Como diría Hiro Nakamura, YATÁ!

    Actualización (31 de maio): O ndiswrapper 1.45 soluciona todo isto.