Categoría: Produción propia

  • O de sempre…

    Lume Porto do Son
    O apóstolo do Prestige contempla o fume da serra do Barbanza
  • Proxectos, proxectos, proxectos

    Como a cabeza non para, aproveitei que Gandi estaba de aniversario e que sorteaba dominios de balde para facerme cuns cantos e, de paso, darlle saída a varios pseudoproxectos que un ten na cabeza pero que non acaban de saír. O hosting ilimitado de Dreamhost tamén axudou.

    Un exemplo disto é GZtoday, un xornal satírico de novas que poderían ser certas, e que xa tiña Twitter desde hai bastante tempo, mais desaproveitado. Pois nada, que xa ten web, e a ver se vai medrando, aos poucos.

    (máis…)

  • A ubicuidade de Maricarmen Mella

    Xa hai moito que non sabemos nada de Maricarmen Mella, que hai dez anos fora musa deste modesto blog. Nalgún momento a súa presenza aquí rozaba a ubicuidade, porque Maricarmen, como todos sabemos, daba moito que falar.

    Maricarmen Mella

    Así, tivemos a oportunidade de ver como a famosa presentadora comía un cachorro quente en pleno Londres, diante dun elefante. Maricarmen guiounos polos lugares máis marabillosos onde houbese un galego, a poder ser vivindo ben. Porque se algo podemos salientar do seu labor como viaxeira incansábel foi o feito de acabar coa imaxe do emigrante que sufría fóra da terra. Ao contrario, só se podían ver no seu programa Encontros xente vivindo de fruta madre ao estilo Mella, o que animou anos máis tarde a que a mocidade galega emigrase, perante a ubicuidade da falta de expectativas laborais na Galiza.

    A ubicuidade de Maricarmen fai mella neste blog

    Este blog tamén tivo a honra de ofrecer, hai unha década, esta felicitación de nadal de Maricarmen, ataviada co seu atrevido vestiario ao que xa nos ten afeitos de toda a vida, tanto en Lugo como noutros lugares, tales como a gala do albariño de Cambados. A súa ubicuidade non se pode negar, non.

    Outro dos seus momentos televisivos en Encontros foi cando confundiu a Pobra de Brollón coa Pobra do Caramiñal.

    [youtube https://www.youtube.com/watch?v=f_8AYWVRb6s]

    E todo isto parece unha proba de posicionamento SEO, e efectivamente, así o é, porque moita xente chegaba aquí buscando esas dúas palabras, a ubicuidade e cousas sobre Maricarmen Mella, á que lle enviamos un cariñoso saúdo desde este modesto blog.

  • Menos mal que xa temos o Punto Gal

    Xa é nadal e xa temos o punto gal

    Pois iso, que cando este modesto blog está a poucos días de facer dez anos, estreamos o dominio punto gal, reivindicado case desde o primeiro momento. Parabéns!

  • Volveu ‘A Ración’

    Pois despois de moito tempo volveu esta publicación tan interesante e que só ten primeira páxina.

    Aínda que a ficción nunca chegará a superar a realidade, velaquí unha nova entrega d’A Ración.