-
Proxectos, proxectos, proxectos
Como a cabeza non para, aproveitei unha promoción para facerme con varios dominios de balde e, de paso, darlle saída a varios pseudoproxectos que un ten na cabeza pero que non acaban de saír.
-
A ubicuidade de Maricarmen Mella
Xa hai moito que non sabemos nada de Maricarmen Mella, que hai dez anos fora musa deste modesto blog. Nalgún momento a súa presenza aquí rozaba a ubicuidade, porque Maricarmen, como todos sabemos, daba moito que falar. Así, tivemos a oportunidade de ver como a famosa presentadora comía un cachorro quente en pleno Londres, diante […]
-
Menos mal que xa temos o Punto Gal
Pois iso, que cando este modesto blog está a poucos días de facer dez anos, estreamos o dominio punto gal, reivindicado case desde o primeiro momento. Parabéns!
-
Volveu ‘A Ración’
Pois despois de moito tempo volveu esta publicación tan interesante e que só ten primeira páxina. Aínda que a ficción nunca chegará a superar a realidade, velaquí unha nova entrega d’A Ración.
-
Defiance
Aínda que tiña pensado valorar esta estrea cunha soa palabra no Twitter, Dorfun propúxome que escribise un artigo sobre a miña impresión, así que aí vai, a forza de non espremer a miña capacidade de síntese. Tamén teño que facer unhas puntualizacións por adiantado: non me documentei nada sobre a serie nin busquei na rede, […]