Categoría: Mass media etc

  • Incógnita dixital

    Hai uns días decidinme a escribirlle ao Ministerio de Industria para saber se me podían informar sobre as datas previstas para a posta en marcha de novos reemisores de Televisión Dixital Terrestre. Esta foi a resposta, que me deixou como antes:

    En relación a su consulta recibida a través de nuestra pagina web el día 15 de Febrero, le informamos lo siguiente:

    No tenemos constancia de en que fecha dispondrán de cobertura las poblaciones que a día de hoy no disponen de la misma. La cobertura de la TDT viene determinada por el PTNTDT (Plan Técnico Nacional de la Televisión Digital Terrestre), que contempla su introducción progresiva, con el objetivo de que los prestadores de este servicio cubran el 80% de la población en su ámbito territorial correspondiente a finales de 2005, y el 95-98% de esa población para 2010, con vistas a proceder en esa fecha a la transición digital (final de las emisiones en analógico).

    Para saber si disponemos de cobertura de TDT, en nuestra zona, podemos:

    Consultar los mapas de cobertura de las diferentes emisiones.
    Consultar la web de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información: www.televisiondigital.es, que en su apartado “Enlaces de Interés” le muestra un enlace a “Boletín de TDT” (www.televisiondigital.electronicafacil.net), que posee un mapa actualizado de cobertura.
    Asimismo, puede usted consultar de manera orientativa y en función de su código postal, a través de la página www.tdt.es , el estado de la cobertura de su zona, los canales que actualmente emiten para TDT y los canales proyectados.
    Ponerse en contacto con vuestro instalador de telecomunicaciones habitual, quién le indicará cuál es el estado de cobertura en el lugar que le interese

    Consulte con su tienda especializada o instalador autorizado para determinar si su instalación necesita ser adaptada. En caso de recepción vía antena colectiva contacte con su Administrador de Fincas.

    Puede realizar la consulta sobre el Registro de Instaladores de Telecomunicación de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información en http://www2.mityc.es/Telecomunicaciones/Secciones/ICTyRegistro/ para informarse sobre dónde se ubican instaladores en su zona de residencia.

    La empresa encargada de la adecuación y mantenimiento de los repetidores, así como de la página www.tdt.es es Abertis Telecom. ( www.abertistelecom.com ), quizás ellos puedan indicarle algún otro dato.

    Recuerde que para cualquier duda o consulta , puede contactar con nosotros a través del número 901 2010 04 o bien en nuestra web www.televisiondigital.es

    Reciba un cordial saludo
    Oficina de Atención al Usuario de Televisión Digital Terrestre

    La información aquí contenida tiene meramente carácter informativo, sin que pueda considerarse como “interpretación oficial” de la normativa vigente

    Por certo, que a páxina http://www.tdt.es/, onde se pode consultar a cobertura deste servizo, segue sen actualizar dende o 30 de novembro do 2005.

  • Sen cobertura

    Hoxe, non sei por que, o único multiplexor de TDT que podía recibir na miña zona -o galego- deixou de funcionar. Espero que non sexa por moito tempo.

    Engádega: a cousa xa se solucionou. Foi unha falsa alarma.

  • Cea do patrón (2)


    Os traballadores dos medios de comunicación das comarcas do Barbanza e Noia celebramos onte á noite a tradicional cea na que, desta volta, nos xuntamos case trinta persoas (un bo número). Foi no restaurante O Campiño, n’A Pobra, e a cousa comezou ás once e rematou ás tres. Non podo contar nada do que pasou despois porque non son testemuña directa dos feitos, pero podo asegurar que á mañá seguinte ninguén puido traballar en condicións.
    No fotoblog de flickr pódense ver máis imaxes.
    E tamén hai un vídeo aquí, en youtube.

  • Quen te viu e quen te ve

    Curiosidades como esta pódense ver no programa 20 na Galega, na Galega.

  • Novos Vieiros

    Fonte: Galicia Hoxe de hoxe.

    Conseguir que medre e se consolide é o obxectivo que a xornalista María Yáñez se marcou para a súa nova etapa ó fronte do portal galego de noticias, Vieiros, na remuda do escritor e xornalista Anxo Quintela quen vai emprender un “novo vieiro”.
    A partir do ano que vén o portal celebrará o seu décimo aniversario polo que “aproveitaremos para facer un pouco de balance e reedefinición” comenta a blogger, que tamén dirixe A Rotonda, a primeira editora en galego.
    Durante este período a nova directora quere que o portal “medre máis que que cambie e se siga consolidando” e para iso fomentarase a produción “de traballos especiais” e promoverase “a participación dos lectores” a través “doutro tipo de campañas que abarquen novos ámbitos para achegarse á xente que non está na rede” explica a xornalista quen quere saber “cara a onde imos”.
    Sobre a súa elección supón que “buscaban o perfil dunha muller nova que estivese en contacto coa rede galega e co mundo xornalístico”, características que se cumpren e que se seguirán cumprindo, xa que pensa continuar co seu labor no blog e na editorial A Rotonda.

    Pois moita sorte nesta nova andaina.
    Atención á foto con ‘pose sesi’: